A profesora Aleida Patrícia Monteiro Furtado, da Universidade de Cabo Verde (Faculdade de Educação e Desporto – UniCV), está a realizar unha estadía no GI Esculca dende o 21 ata o 25 de novembro.
A súa estadía, vinculada ao Programa Erasmus+, ten como obxecto fomentar a investigación sobre a inclusión do alumnado con necesidades educativas especiais en Cabo Verde.