O GI Esculca organiza no marco do proxecto Erasmus+ “Mobilising university-community resources through SL(M) for the inclusion of migrants/refugees” [2022-1-ES01-KA220-HED-000087650] un curso para alumnado universitario en Aprendizaxe-Servizo no eido da migración e refuxio. Esta formación é gratuíta e conlevará un recoñecemento de 6 horas por parte do SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria) da USC.
Programa:
Sesión 1: Análise das necesidades sociais das persoas migrantes/refuxiadas (ACCEM) = 4 horas
- 4 de Outubro – De 10:00 h. a 14:00 h. – Fac. CC. da Educación (Campus VIDA/SUR)
- 4 de Outubro – De 16:30 h. a 20:30 h. – Fac. CC. da Educación (Campus NORTE)
Sesión 2: Introdución á metodoloxía Aprendizaxe-Servizo (Javier Agrafojo e Alexandre Sotelino) = 2 horas
- 2 de Outubro – De 16:30 h. a 18:30 h. – Fac. CC. da Educación (Campus VIDA/SUR)
- 5 de Outubro – De 10:00 h. a 12:00 h. – Fac. CC. da Educación (Campus NORTE)
* NOTA: Deberase escoller data e hora para cada unha das sesións (ver formulario)
Información adicional:
- Prazo de inscrición: Do 21 ao 29 de Setembro de 2023
- Ligazón para inscrición: https://forms.office.com/Pages/ResponsePage.aspx?id=LEUNj6S3ZEm4EIw5c3RHe26bHG_hv09It0GO8nY2BLtURTZNUjA2U1E0TjQwNDYwSkZWUTJTWUY1QS4u