O vindeiro martes 11 de febreiro terá lugar no salón de actos da facultade de Ciencias da Educación (Campus Sur) a I Xornada de Educación na Cidadanía dixital Responsable “unha internet mellor comeza hoxe contigo: asumindo o desafío educativo”, na que diferentes profesionais abordarán temas relacionados coa seguridade no uso das novas tecnoloxías e a prevención do ciberacoso.
I Xornada de Educación na Cidadanía Dixital Responsable
7 Febreiro 2020Categorías: Novas