Novas do GI Esculca

Incorporación de Alexandra Miroslava Rodríguez Gil ao GI ESCULCA

16 Xuño 2021
Categorías: Destacadas | Novas

Nos últimos días, a graduada en Pedagoxía e investigadora predoutral Alexandra Miroslava Rodríguez Gil acadou unha axuda para contratos predoutorais da Xunta de Galicia no seo do GI ESCULCA. A súa tese de doutoramento, dirixida polos profesores Miguel A. Santos Rego e Alexandre Sotelino Losada, céntrase en estudar o impacto socioeducativo da inmigración de retorno en Galicia na Administración Local.