O día 18 de novembro de 2022 a profesora do GI ESCULCA, Iris Estévez, impartiu un Seminario de Formación convidada pola coordinación do Programa de Doutoramento en Ciencias Sociais e Envellecemento (interunivrsitario) da Universidade da Coruña. A primeira sesión, de 1.5 horas de duración, levaba por título “Os Enfoques Cualitativos e as Narrativas do Envellecemento; e, a segunda sesión, celebrada de forma consecutiva e tamén de 1.5 horas de duración, abordaba “Os desenvolvementos e as oportunidades no campo da investigación utilizando información secundaria”.