O Grupo de Investigación Esculca organiza o “IV Encontro de Axentes Socioeducativos. Formación mutua para vincular accións, saberes e territorio“, unha actividade que pretende fomentar o encontro entre entidades rurais, alumnado e profesorado que teñan interese na posta en práctica da metodoloxía Aprendizaxe-Servizo vinculada ao medio rural. Este evento terá lugar o vindeiro 1 de xuño de 2023 no Centro Sociocultural de Bugallido-Ames.
Habilitarase o desprazamento dende a estación intermodal de Santiago de Compostela en dous turnos de ida e volta. En canto á ida será ás 09:00h e 14:00h, e as voltas efectuaranse ás 16:15h e 19:15h. Asemade, haberá un xantar común proporcionado pola Asociación Darredor.
Este encontro está recoñecido como actividade formativa pola USC, tanto para o estudantado polo Servicio de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) como para o PDI polo Programa de Formación e Innovación Docente (PFID).
A incrición será gratuita na seguinte ligazón.