Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the health-check domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/esculca/public_html/wp-includes/functions.php on line 6121
Mesa redonda “Centros Rurais Agrupados: unha conversa coas mestras” | Grupo de Investigación ESCULCA

Novas do GI Esculca

Mesa redonda “Centros Rurais Agrupados: unha conversa coas mestras”

7 Novembro 2024
Categorías: Novas

O vindeiro 13 de novembro, no marco das actividades da Comisión de Cultura e Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación, desenvolverase a mesa redonda titulada “Centros Rurais Agrupados: unha conversa coas mestras”, impartido pola Profa. Antía Raquel Piñeiro Otero do CRA de Valga e pola Profa. Raquel Rodríguez Giralt do CRA Amencer.

A actividade, que se levará a cabo ás 16:00 no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación no Edificio Norte, está destinada ó alumnado de 1º do Grado de Mestre/a en Educación Primaria. Con todo, a sesión está aberta a toda a comunidade académica e ao público en xeral, sen necesidade de realizar inscrición.

A organización da referida xornada está a cargo das profesoras Patricia A. Ruido e Laura García Docampo e o Prof. David Álvarez Caneda, pertencentes ó Grupo de Investigación ESCULCA.