O pasado 26 de novembro celebrouse a II Xornada de Encontro da Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural, na que se deron cita colectivos de acción social, estudantes e profesorado, para pensar en posibles proxectos de integración da universidade e a acción social e ambiental no medio rural.Nela, presentouse a nova web da Comunidade: www.arredordorural.org, pensada para facilitar o traballo en rede e o deseño e desenvolvemento de proxectos de aprendizaxe-servizo, así como a visibilización dos seus resultados.
Na seguinte ligazón pode consultarse o traballo da mañá na xornada https://www.youtube.com/watch?v=Z7hEAUlli8A.
Pola tarde realizouse traballo en pequenos grupos e unha asemblea da comunidade.
Nova web da Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural
30 Novembro 2021Categorías: Novas