No vindeiro curso 2020/2021 incorporaranse dous novos membros ao GI ESCULCA.
En primeiro lugar, Noemi Castelo Veiga, quen xa tiña desfrutado dunha bolsa de colaboración no actual curso, incorporarase a ESCULCA como investigadora predoutoral, grazas á obtención dun contrato de Formación de Profesorado Universitario (FPU) do Ministerio de Universidades.
Pola súa banda, David García Romero incorporase en calidade de investigador posdoutoral, despois de ter obtido un contrato Juan de la Cierva do Ministerio de Ciencia e Innovación