O vindeiro 17 de novembro levarase a cabo o “Obradoiro sobre as tarefas de reforzo. Por que é importante que a túa crianza faga as tarefas na casa”, organizado pola Unidade de Investigación e Intervención en Dislexia (UIID), no seo do GI Esculca.
A actividade terá lugar ás 18:00 na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida) e tamén será retransmitada online. Está dirixida a familias adscritas á UIID.
A inscrición é gratuita, escaneando o código QR que figura no programa. Para máis información, consulte o programa.