Co gallo da celebración das Letras Galegas 2025, o profesor Alexandre Sotelino impartiu unha palestra e obradoiro baixo o título “Cultura tradicional e educación” no IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo. A sesión promoveu a reflexión crítica sobre o valor educativo do patrimonio inmaterial galego, combinando achegas teóricas e dinámicas participativas co alumnado para explorar o potencial pedagóxico da cultura popular nas aulas.