O día 14 de decembro de 2022, a profesora do GI ESCULCA Paula Outón participou na I Xornada de Psicoloxía Aplicada, que se celebrou na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, cunha ponencia titulada “Diagnóstico e Intervención en Dislexia”. O obxectivo destas xornadas radicou en dar a coñecer algunhas das liñas de traballo vinculadas á Psicoloxía Aplicada que se están a desenvolver por profesionais e asociacións da contorna.