O profesor Miguel A. Santos Rego, coordinador do Grupo de Investigación Esculca, participará nas Xornadas formativas para o profesorado de Formación Profesional Básica, organizadas pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia.
O evento celebrarase o 15 de outubro na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e estará centrado na atención educativa ao alumnado dos ciclos formativos de grao básico. As xornadas constituirán un espazo común para a reflexión, a construción compartida de coñecemento e a difusión de boas prácticas arredor destas ensinanzas.
A súa intervención versará sobre a “Aprendizaxe-Servizo como eixo de innovación educativa e desenvolvemento de competencias nos estudantes”.