A profesora do GI ESCULCA ,Iris Estévez, comezou neste mes de abril a formar parte do “Programa Mentor A203 Trabajando mano a mano para mejorar: tutorías individualizadas” baseado nas palancas do Catálogo PROA + (Dirección General de Bilingüismo y Calidad de la Enseñanza-Subdirección General de Programas de Innovación y Formación del Profesorado), en calidade de conferenciante en diferentes webinars e cursos formativos.
O obxectivo do programa é profundizar dun modo teórico – práctico na palanca A203 “Trabajando mano a mano para mejorar: tutorías individualizadas”. O obxectivo da actividade palanca é, de forma global, deseñar, aplicar e avaliar un plan de atención persoal do alumnado en situación de vulnerabilidade para mellorar os resultados académicos e reducir as tasas de fracaso escolar. Deste xeito, a meta principal deste proceso de formación continua obedece ó desenvolvemento de coñecementos, destrezas e actitudes por parte do profesorado tutor-individual para a elaboración dunha proposta contextualizada (que responda ás características do centro e do alumnado participante) da actividade palanca e a implementación exitosa de dita proposta.