O profesor do GI Esculca, Javier Rico Díaz, participará no XXIX Congreso Nacional da Sociedade Española de Epidemioloxía e Saúde Pública Oral que terá lugar os días 25 e 26 de outubro en Santiago de Compostela. Impartirá a ponencia titulada “BINOMIO SAÚDE E ACTIVIDADE FÍSICA: COMO POTENCIALO?” e participará nunha mesa redonda do bloque de “Dieta, deporte e saúde”.
Tal e como recolle a páxina web do Congreso, o evento será dinámico e integrador no que se tratarán aspectos relacionados coa importancia da saúde oral como parte dun estilo de vida saudable e os factores de risco comúns, como o consumo de tabaco, alcol, a dieta inadecuada ou o sedentarismo.