Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the health-check domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/esculca/public_html/wp-includes/functions.php on line 6121
Período para a recepción de propostas dende os colectivos na Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural | Grupo de Investigación ESCULCA

Novas do GI Esculca

Período para a recepción de propostas dende os colectivos na Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural

19 Xullo 2022
Categorías: Breves | Novas

 A Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural, coordinada dende o GI-ESCULCA e a Asociación Avoar é unha rede que inclúe proxectos e colectivos do medio rural e profesorado que desexan colaborar en proxectos de aprendizaxe-servizo. Así, o estudantado aprende mentres forma parte de actividades que engaden valor social ou ambiental:

-Para visibilizar o medio rural entre a mocidade e fomentar proxectos de futuro nel.
-Para achegar enerxía e ideas que mobilicen os recursos das nosas aldeas e vilas.
-Para que a aprendizaxe teña un sentido aterrado e aproveite os coñecementos e manexos locais e tradicionais.

Aquí podes botar un ollo ás actividades que se fixeron ata agora: https://www.arredordorural.org/accions. Se tes algunha necesidade ou proposta que queiras abordar connosco, compártea neste formulario ata o 10 de setembro e veremos darlle saída! https://www.arredordorural.org/form/participa E para calquera dúbida escribe a arredordorural.comunidade@gmail.com