O vindeiro xoves 30 de novembro presentarase, ás 18:30, na Facultade de Xeografía e Historia, aula 13, o libro “Arredor do Rural, comunidade de saberes e innovación socio-educativa”, un libro que fala de experiencias e propostas de innovación no medio rural dende moitas voces, coordinado polo investigador do GI Esculca David García Romero, Iria Vázquez Silva (GETS-IT-UVIGO) e Nuria Fernández Brage (Euroeume), e editado por Toxosoutos.
A presentación seguirá dun debate levado a cabo por cinco autoras e autores de capítulos do libro: Lucía Santiago Sanmiguel, José Ignacio Vila Vázquez, Irina Malyuchenco, Gabriela Míguez Salina e Alexandra Miroslava Rodriguez Gil.