O Grupo Esculca organizará o vindeiro 21 de Abril a presentación do documental “A Mestra de Escola” no cal participa como asesor técnico o profesor Alexandre Sotelino Losada, e ten incluida entre as súas protagonistas á profesora Mar Lorenzo Moledo. Esta producción Audiovisual de Meteórica Cine foi dirixida por Alba Prol e producida por Raul García. O citado acto terá lugar no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida) as 19:00 h.
As inscripcións estarán abertas dende o 21 de marzo ás 10:00h ata o 18 de abril ás 14:00h. Dadas as restriccións de aforo o acceso será limitado, e a selección farase por rigurosa orde de inscripción. As persoas admitidas recibirán un email de confirmación coas indicacións oportunas.