O GI-Esculca vén de presentar o vídeo “C-ApS-ulas formativas: acción e innovación na universidade: INTRODUCCIÓN Á APRENDIZAXE-SERVIZO” realizado no marco da Convocatoria de proxectos de innovación educativa en MOOC e de apoio das TIC á docencia. Nesta pílula formativa introdúcense os principios pedagóxicos que definen a ApS, ao tempo que se analiza o papel de cada un dos/as axentes implicados/as nun proxecto (profesorado, alumnado e entidades), e tamén se identifican os criterios de calidade dos proxectos.