Novas do GI Esculca

O Prof. Geno Rodríguez impartiu unha conferencia no II Congreso Mundial de Educación EDUCA 2019

2 Marzo 2019
Logo do II Congreso Mundial de Educación EDUCA 2019

O Prof. Geno Rodríguez, do GI ESCULCA, impartiu unha conferencia no II Congreso Mundial de Educación EDUCA 2019 titulada “Estrategias para la promoción de estilos de vida activos desde la Educación Física”, poñendo de manifesto a importancia da actividade física e o deporte no ámbito escolar.