O profesor do GI Esculca Alexandre Sotelino Losada participa no programa Xuventude Mentoring da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia. Neste proxecto desenvolverá as funcións de mentor daqueles/as mozos/as con intereses educativos. Así mesmo, ten asistido a un encontro networking para intercambiar pareceres con outros profesionais e interesados/as.
Máis información
Programa Xuventude Mentoring
13 Decembro 2021Categorías: Novas