As profesoras Patricia A. Ruido, Iris Estévez, Cristina Varela e Bibiana Regueiro, membros do GI ESCULCA veñen de publicar o artigo “Victims of Child Grooming: An Evaluation in University Students”, no último número da revista Societies, indexada en SCOPUS (SJR, Q2).
O estudo céntrase na análise do grooming experimentado polos universitarios españois durante a infancia. A mostra está conformada por 3293 estudantes da USC e os resultados derivados da investigación confirmaron que os abusos sexuais a menores se desprazaron cara a contornas virtuais, indicando unha prevalencia do 12,2% para o grooming, que tiña máis probabilidades de afectar a mulleres e persoas non binarias. Ademais, os estudantes vítimas de grooming foron con máis frecuencia tamén vítimas de sextorsión.
Estes achados deberían animar á comunidade educativa a desenvolver accións preventivas que se axusten á realidade do abuso sexual infantil en liña. En resumo, o único camiño para detectar e previr o indesexado fenómeno de grooming é investir en educación dixital e educación sexual dende unha perspectiva de xénero.
Ver artigo