Libros publicados

Aprendizaxe-Servizo e educación para o desenvolvemento
Autor: Sotelino-Losada, A., Mella-Núñez, Í., Varela-Portela, C., Monteiro-Furtado, A. P., Mendes-Carvalho, I., Gento-Temprano, M., e Avendaño-Carballo, N.
Editorial: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC
Ano de Publicación: 2024
Páxinas: 86
Acceso online
Esta guía de Aprendizaxe-Servizo e educación para o desenvolvemento propón a integración de metodoloxías pedagóxicas activas orientadas á formación dunha cidadanía global comprometida e ao fomento dun desenvolvemento sustentable. Artéllase a conexión entre a educación para o desenvolvemento (EpD) e a Aprendizaxe-Servizo (ApS), unha estratexia educativa que combina o traballo académico-curricular coa intervención directa en proxectos comunitarios, facilitando unha aprendizaxe experiencial. A EpD preséntase como un enfoque esencial na formación integral do estudantado, promovendo valores de equidade, sustentabilidade ambiental e participación cidadá activa, en consonancia coa Axenda 2030 e cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS). Este marco fomenta a reflexión crítica sobre as desigualdades globais e locais, así como sobre os desafíos ambientais, dotando ao estudantado de competencias para actuar como axentes de transformación social. O documento detalla a implementación da metodoloxía ApS en contextos universitarios, destacando a súa aplicación na Universidade de Cabo Verde. Descríbese así un proxecto de investigación colaborativo con Farmamundi e outros actores, que inclúe a capacitación do profesorado, o deseño de directrices para proxectos que respondan a necesidades locais, e a promoción de alianzas entre a universidade e a comunidade. Estas accións buscan potenciar o compromiso cívico do estudantado e fortalecer a súa responsabilidade social (PR815A 2023/5). Ademais, abórdase a aplicación do ApS en diferentes ámbitos, como a educación inclusiva, a sustentabilidade medioambiental e a prevención do acoso escolar. A metodoloxía destácase pola súa capacidade para integrar teoría e práctica, enriquecendo a formación profesional e ética do estudantado mediante experiencias significativas. Saliéntase o papel das universidades como actores clave na promoción dun desenvolvemento equitativo, actuando como catalizadoras de cambio social a través da cooperación e da innovación educativa. En síntese, o texto enfatiza a relevancia da ApS como ferramenta pedagóxica transformadora que transcende o ámbito académico e prepara as e os estudantes para unha participación activa e comprometida co benestar social e medioambiental.

Guía de buenas prácticas en la universidad para la inclusión de personas migrantes y refugiadas en Europa: el Aprendizaje-Servicio como recurso educativo
Esta guía é o resultado do traballo colectivo dos socios do proxecto Erasmus+ «Mobilising university–community resources through SL(M) for the inclusion of migrants/refugees (SL(M))» (2022-1-ES01-KA220–HED-000087650). Iníciase con experiencias desenvolvidas durante o curso académico 2023-24 pero está aberta a novas incorporacións de proxectos ApS(M). A obra estimula e incrementa as posibilidades da aprendizaxe-servizo en distintas áreas de coñecemento e implicación profesional desde a universidade, con exemplos que permiten axudar na satisfacción de necesidades que afectan o colectivo implicado.

Simposio Internacional sobre el Doctorado en Educación. Conocimiento y Acción Transformadora
Autor: García-Álvarez, J. e Rodríguez-Gil, A. M.
Editorial: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC
Ano de Publicación: 2024
Páxinas: 311
Co motivo da celebración dos 50 anos dos estudos de Pedagoxía na Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Facultade de Ciencias da Educación, xunto co Departamento de Pedagoxía e Didáctica e o Instituto de Ciencias da Educación (ICE), organizaron o Simposio Internacional sobre o Doutoramento en Educación, baixo o lema ‘Coñecemento e Acción Transformadora’ (15-16 de maio de 2024).
Este evento supuxo unha magnífica oportunidade de encontro para a reflexión entre investigadoras e investigadores do ámbito da Educación. En tal escenario, puxéronse en valor temas clave para o avance na formación dos programas de doutoramento en Educación no marco dunha Sociedade do Coñecemento, caso do papel do liderado na xestión da incerteza, o prestixio e rendibilidade laboral da formación doutoral, ou o novo doutoramento profesional en Educación; tamén estudamos a relevancia e a calidade dos Programas de Doutoramento, xunto ás súas distintas modalidades, e a fin de xerar e/ou afianzar espazos de debate e participación entre estudantes, profesorado, e persoal investigador.
A publicación que aquí presentamos recolle as contribucións dos máis de 250 participantes cos que contou o evento, agrupadas en once liñas temáticas: educación e migración; diversidade e inclusión en educación; avaliación en educación; metodoloxías de aprendizaxe; arte e educación; formación no doutoramento en educación; formación do profesorado; tecnoloxías en educación; familia, escola e comunidade; xénero e educación; e formación de adultos.
A todas e a todos, grazas polo voso compromiso investigador e os nosos mellores desexos para o voso futuro. Finalmente, queremos agradecer desde o Comité Organizador a axuda do Comité Científico, o apoio das institucións ao evento e o impulso recibido desde os diferentes grupos de investigación constituídos na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.

A Educación en Galicia en perspectiva: Alicerces para o porvir
Autor: Sotelino-Losada, A.
Editorial: Edicións USC
Ano de Publicación: 2024
Páxinas: 508
Acceso online
Esta obra colectiva nace do esforzo conxunto dun grupo de investigadoras e investigadores de distintas universidades e contextos xeográficos reflectido nos traballos dun proxecto de convocatoria competitiva do Programa Estatal para Impulsar a Investigación Científico-Técnica e a súa Transferencia no que se analiza esta cuestión desde diferentes miradas. O volume pon o foco na comunidade, considerando que un criterio de calidade é a súa participación na proposta de obxectivos e a planificación de proxectos de aprendizaxe-servizo (ApS). Estamos, pois, ante un tema do que se escribiu moito nos últimos anos. Con todo, son escasas as referencias para os efectos na comunidade.
O libro pretende axudar á reflexión sobre a asociación universidade-comunidade ou a relación comunidade-universidade, así como en que grao este rol condiciona o seu impacto tanto na universidade como na mesma comunidade. A máxima achega do libro céntrase en transcender a idea de reducir a comunidade a un mero contexto no que o alumnado adquire aprendizaxes para consideralo un elemento de calidade indispensable no ApS.

El giro comunitario en el aprendizaje-servicio universitario. Inclusión y sostenibilidad
Autor: Rodríguez-Izquierdo, R. M., e Lorenzo-Moledo, M.
Editorial: Octaedro
Ano de Publicación: 2023
Páxinas: 136
Esta obra colectiva nace do esforzo conxunto dun grupo de investigadoras e investigadores de distintas universidades e contextos xeográficos reflectido nos traballos dun proxecto de convocatoria competitiva do Programa Estatal para Impulsar a Investigación Científico-Técnica e a súa Transferencia no que se analiza esta cuestión desde diferentes miradas. O volume pon o foco na comunidade, considerando que un criterio de calidade é a súa participación na proposta de obxectivos e a planificación de proxectos de aprendizaxe-servizo (ApS). Estamos, pois, ante un tema do que se escribiu moito nos últimos anos. Con todo, son escasas as referencias para os efectos na comunidade.
O libro pretende axudar á reflexión sobre a asociación universidade-comunidade ou a relación comunidade-universidade, así como en que grao este rol condiciona o seu impacto tanto na universidade como na mesma comunidade. A máxima achega do libro céntrase en transcender a idea de reducir a comunidade a un mero contexto no que o alumnado adquire aprendizaxes para consideralo un elemento de calidade indispensable no ApS.

Arredor do rural. Comunidade de saberes e innovación socio-educativa
Autor: Vázquez Silva, I., García Romero, D., e Fernández Brage, N.
Editorial: Toxosoutos
Ano de Publicación: 2023
Páxinas: 211
A Comunidade de Accións e Saberes Arredor do rural é unha plataforma onde nos xuntamos persoas que vimos de colectivos rurais moi diversos e persoas que vimos do eido docente, maioritariamente universitario, e tamén de áreas de coñecemento moi diversas.
Xuntámonos para aproximar mundos afastados e para visibilizar o medio rural coma un lugar de oportunidade para desenvolver futuros profesionais e vitais, xustos e sostibles.
Neste libro recollemos algunhas experiencias de como o tentamos argallar, facendo uso da Aprendizaxe-Servizo como estratexia, para que o estudantado formen parte de proxectos que están a construír a innovacion social nas nosas aldeas e pequenas vilas.

Experiencias y prácticas Innovadoras en la Formación de profesionales de la educación
Autor: Souto Seija, A., Dans Álvarez, I., Míguez Salina, G., e Santamaría Queiruga, O. Editorial: Dykinson
Ano de Publicación: 2023
Páxinas: 402
O libro diríxese a profesionais da educación e docentes, e reúne unha serie de experiencias teórico-prácticas, sobre o uso de metodoloxías innovadoras en diferentes etapas da educación regrada. Dende Infantil ata experiencias desenvolvidas na Universidade.

Voluntariado y participación social en los estudios universitarios: adquisición de competencias y aprendizajes: Informe 2022
Autor: Ferraces Otero, M. J., Arias Careaga, S., Lloveras Pimentel, S., Carrillo Escobar, M. J., Sancho Porras, I., Agrafojo Fernández, J., Santos Rego, M. A., Lorenzo Moledo, M., García-Álvarez, J., e Vázquez Rodríguez, A. Editorial: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Ano de Publicación: 2023
Páxinas: 71
Acceso online
Este informe analiza as competencias transversais que desenvolven os e as mozas a través da súa implicación en accións de voluntariado na universidade en aras de fortalecer a súa empregabilidade. Trátase de determinar o alcance estratéxico da formación en capital humano que adquiren os e as estudantes implicados nestas experiencias socioeducativas, a partir da investigación cun perfil representativo de participantes desde 2018 a 2022, co reto engadido de descifrar tales datos no escenario dunha situación prepandémica e pandémica pero tamén de recuperación de presencialidade nas aulas e, ao mesmo tempo, de actividade normalizada nos proxectos de voluntariado de distinto signo. O resultado ofrece unha radiografía representativa das contribucións que as experiencias de voluntariado teñen no desenvolvemento de competencias transversais do alumnado.

Fondos de Coñecemento Familiar. O traballo de aula: situación de aprendizaxe e guía didáctica. Educación Primaria: Proxecto Competencial
Autor: Míguez Salina, G., Santos Rego, M. A.; Varela Portela, C., Crespo Comesaña, J., e Lorenzo Modelo, M. M.
Editorial: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Ano de Publicación: 2023
Páxinas: 41
Acceso online
Esta situación de aprendizaxe leva por título «Historias de vida familiar e comunitaria». A xustificación desta temática ten unha dobre vertente: por unha banda, de acordo co disposto no citado decreto do Currículo de Primaria, trátase de traballar a aprendizaxe formal, non formal e informal, en todos os contextos e centrándonos nas aprendizaxes resultantes das prácticas culturais familiares, pero tamén da propia contorna. Por outra banda, seguindo a perspectiva inclusiva do enfoque dos fondos de coñecemento, o que buscamos é a inclusión curricular das formas de vida e saberes acumulados das familias e as comunidades do alumnado, como activos nos seus procesos de aprendizaxe. Os/as destinatarios/as desta proposta son as alumnas e alumnos do segundo ciclo da etapa de educación primaria, de 8 a 10 anos. As actividades teñen diferentes niveisde complexidade, polo que o profesorado deberá elixir aquelas que considere máis axustadas ao nivel madurativo do seu alumnado.

Guía de aprendizaje-servicio universitario y empleabilidad
Autor: Santos Rego, M. A.; Lorenzo Modelo, M. M.; Mella Núñez, I.; Vázquez Rodríguez, A.; e Sáez Gambín, D.
Editorial: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Ano de Publicación: 2023
Páxinas: 45
Acceso online
A guía deriva do traballo en equipo desenvolvido no marco do proxecto de investigación «Aprendizaxe-servizo (ApS) e empregabilidade dos estudantes universitarios en España: competencias para a inserción laboral (EDU2017-82629-R)», un proxecto que estimulou e promoveu o avance, mediante a aprendizaxe-servizo, na validación e recoñecemento das aprendizaxes que os/as novos adquiren na educación superior (https://www.usc.gal/apsuni/apsuni-e).

La educación en red. Una perspectiva multidimensional
Autor: Santos Rego, M. A.; Lorenzo Modelo, M. M.; e García-Álvarez, J.
ISBN: 9788419312655
Editorial: Octaedro
Ano de Publicación: 2023
Páxinas: 310
É este un libro que convida á análise dialóxica, en tanto que aborda un tema de poliédricas dimensións para o presente e, sobre todo, para o porvir da educación na irreversible sociedade do coñecemento. Educar en rede significa descubrir conexións entre vectores de aprendizaxe dentro e fóra do currículo, pensando na mellor formación dunha cidadanía que xa pouco ou nada ten que ver co mundo de onte. Ademais de apuntar ao fortalecemento da innovación desde proxectos coparticipados, o volume remite a unha prudente consideración da alfabetización dixital sen prexudicar abertamente a atención ao peso que habemos de seguir concedendo ao espazo comunitario. Estamos, pois, ante un enfoque que facilita a transición cara ao emprego, ao supoñer aproximacións estratéxicas entre o formal e o non formal e onde, polo xeral, asúmese un principio de cooperación entre axentes que operan sabendo que a boa xestión da diversidade abre vías de éxito ao redor de metas comúns.

Los deberes escolares, en el punto de mira
Autor: Regueiro, B.; Valle, A; e Ruido, P.
ISBN: 9788433032102
Editorial: Desclée De Brouwer
Ano de Publicación: 2023
Páxinas: 127
Xa desde primaria, as tardes en moitos fogares vólvense berros, bágoas e, mesmo, algún que outro portazo. Os deberes escolares son, para moitos, unha práctica prexudicial que sabotea a vida familiar. Para outros, os deberes son tan necesarios que prescindir deles sería pouco menos que un sacrilexio, xa que promoven a autonomía e a responsabilidade na aprendizaxe. É entón cando volvemos preguntarnos, unha vez máis: deberes si ou deberes non? Este libro deixa atrás todas esas opinións baleiras, ese debate estéril e, a través de evidencias científicas, pretende axudar ás profesoras e profesores a tomar decisións sensatas se deciden prescribilos, ou non; e aos pais e nais a comprender o motivo de apoialos, ou non. Por sorte, o fin dos deberes, tal e como os coñecemos, xa está aquí.

La programación didáctica. Elementos básicos
Autor: Dans, I.; e Varela, C.
ISBN: 9788479915858
Editorial: Universitas
Ano de Publicación: 2022
Páxinas: 122
Esta obra contén unha revisión sobre os principais elementos do currículo, punto de partida necesario para aprender a programar. Pretende axudar na tarefa necesaria da planificación dunha asignatura e guiar ao alumnado e profesorado. É necesario aprender a programar e máis ainda en quen traballa para convertirse en verdadeiros expertos da aprendizaxe. O currículo está centrado na escola e en quen aprende: deseñar unha programación é orientar todos os elementos cara as experiencias de aprendizaxe do seu alumnado, hacia o seu crecemento como persoas.
O contido organizouse precisamente tal como se faría nunha programación, desglosando cada un dos elementos curriculares: xustificación legal, contexto, competencias, obxectivos, contidos, metodoloxía, avaliación, elementos transversais, recursos e atención á diversidade. Fúxese dos aspectos particulares de cada autonomía e ainda de cada saber disciplinar; isto é, preténdese facilitar unha lectura global que sexa útil para todo o territorio español e para todas as materias e etapas.
Diríxese este texto a todas as persoas interesadas na programación didáctica como instrumento eficaz para a mellora das nosas clases, ben sexan docentes en activo ou estudantes de Grao ou opositores que se preparan para chegar a selo. Preténdese aclarar conceptos e acercar a terminoloxía pedagóxica a calquer futuro docente dun xeito sinxelo e claro. Xorde da experiencia docente das autoras con alumnos e alumnas de diversos niveis educativos.

Fondos de Conocimiento familiar e intervención educativa: Comprender las circunstancias sociohistóricas de los estudiantes
Autor: Santos Rego, M. A.; Lorenzo Moledo, M; e Míguez Salina, G.
ISBN: 978-84-277-2882-0
Editorial: Narcea
Ano de Publicación: 2022
Páxinas: 124
O que fai esta innovadora proposta dos Fondos de Coñecemento, que se desenvolve neste libro, é unha invitación de viaxe ao interior dos fogares de nenos e nenas en risco de exclusión, nos que urxe probar estratexias de recoñecemento desde o rexistro de capacidades nas propias unidades familiares.

‘Ni on ni off’: Programa Coeducativo de Prevención de (Ciber)Acoso Sexual
Autor: Rodríguez, Y., Alonso-Ruido, P., Martínez, R., e Adá, A.
ISBN: 978-84-1391-696-5
Editorial: Aranzadi
Ano de Publicación: 2022
Páxinas: 316
Este programa coeducativo ‘Ni ON ni OFF’, ten como finalidade previr o acoso sexual na etapa adolescente, tanto no plano offline como no en liña, abarcando todas as manifestacións do acoso sexual: as perpetradas por parte do grupo de iguais, nas primeiras relacións afectivo-sexuais e por parte de persoas descoñecidas, tanto no espazo público como no espazo privado.
Este programa está deseñado para levar a cabo un traballo sistemático e rigoroso co estudantado de Educación Secundaria Obrigatoria. Pódese implementar durante o horario de titoría ou dentro da programación doutra materia, desde a transversalidade, tal e como recolle a LOMLOE (2020). Os contidos do programa organízanse en dous grandes bloques. No primeiro bloque trabállanse tres áreas temáticas: acoso sexual entre iguais no ámbito educativo; acoso sexual no ámbito público; e, acoso sexual na parella. No segundo bloque abórdanse outras tres áreas temáticas: do sexting á sextorsion e ao grooming; ciberacoso sexual entre iguais; e, do ciberacoso sexual na parella á vinganza porno. Cada unha destas áreas inclúen cinco actividades. En función das necesidades detectadas pola comunidade educativa, o seu deseño flexible permite aplicar os bloques e as actividades de forma independente.

Manual de Psicogerontología
Autor: Piñeiro, I., Rodríguez, S., e Estévez, I.
ISBN: 978-8436845440
Editorial: Pirámide
Ano de Publicación: 2021
Páxinas: 176
O aumento da esperanza de vida implica novos retos sociais, económicos, sanitarios, culturais e políticos. Retos aos que as institucións deben atender se queremos garantir a calidade de vida activa, satisfactoria e saudable das persoas maiores. O feito de que cada vez vivamos máis e mellor conleva, entre outros aspectos, que a xubilación se converta nunha situación vital que pode durar moitos anos. Nesta obra analízase o perfil actual da persoa xubilada e, ademais, descríbense as características máis importantes do seu funcionamento psicolóxico, así como os cambios biolóxicos, cognitivos e socioafectivos máis significativos asociados ao envellecemento. Durante o envellecemento obsérvase un incremento importante da posibilidade de padecer algún tipo de dependencia, derivada, fundamentalmente, da perda de autonomía. Por iso no libro examínase a dependencia desde a súa vertente funcional e persoal. Tamén se describe e estuda a demencia como unha das enfermidades máis vinculadas ao paso do tempo e que xera especial dependencia no envellecemento, e analízase desde os ámbitos cognitivo, social-afectivo e conductual. Realízase, tamén, un breve percorrido por distintos programas de intervención, coñecidos como programas de estimulación cognitiva ou psicoestimulación, cuxos obxectivos fundamentais son retardar o proceso de deterioración e mellorar a calidade de vida da persoa maior con déficit cognitivo. No noso contexto social e cultural, o coidado das persoas maiores con dependencia é exercido, fundamentalmente, pola familia, polo que se examina o perfil dos coidadores principais e analízanse as distintas ferramentas das que poden dispoñer, tanto para o coidado da persoa en situación de dependencia, como para a súa propio autocuidado. O coidado do coidador principal desenvólvese asumindo a importante carga emocional (sobrecarga ou estrés do coidador) que se asociou con este rol.

Handbook of Homework: Theoretical Principles and Practical Applications
Autor: Rodríguez, S.; Valle, A.; Piñeiro, I. e Regueiro, B.
ISBN: 978-1-68507-380-0
Editorial: Nova Science Publishers
Ano de Publicación: 2021
Páxinas: 197
O obxectivo deste manual é ofrecer unha serie de contribucións sobre os deberes relativos a diversas cuestións teóricas e aplicadas. Preténdese ofrecer aos investigadores e profesionais da educación os fundamentos necesarios no ámbito dos deberes e axudar así a responder moitas das preguntas sobre as condicións para establecer tarefas de calidade. O obxectivo é que os deberes deixen de ser fonte de conflitos e polémicas a nivel educativo e que se convertan nunha ferramenta útil para mellorar a aprendizaxe do alumnado.

La educación en Red: realidades diversas, horizontes comunes, XVII Congreso Nacional y IX Iberoamericano de Pedagogía, Santiago de Compostela, 7-9 de julio de 2021, libro de actas
Autor: Santos Rego, M. A., Lorenzo Moledo, M. e García-Álvarez, J. (Eds.)
DOI: 10.15304/9788418445682
Editorial: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC
Ano de Publicación: 2021
Páxinas: 1874
Sen ser único, o factum Educación continúa sendo o factor de maior alcance e relevancia na formación das persoas, o cambio das comunidades e a gradual transformación do mundo. En tal marco de referencia global, a pedagoxía fai as veces de vector substantivamente instrumental ao servizo da optimización dos procesos de aprendizaxe e, por suposto, dos resultados educativos. «La Educación en Red: Realidades Diversas, Horizontes Comunes», lema e referente temático do «XVII Congreso Nacional y IX Iberoamericano de Pedagogía», que se celebra na emblemática cidade de Compostela os días 7, 8 e 9 de xullo de 2021, supón unha magnífica oportunidade de reflexión e proposta de acción compartida desde un contexto histórica e culturalmente diverso. A feliz circunstancia de que o Congreso discorra parello co Focal Meeting da World Education Research Association (WERA) é outro motivo e aliciente para seguir xerando vínculos que fomenten unha Iberoamérica máis conectada, orgullosa da súa plural identidade e disposta a facer da educación unha sólida garantía de futuro. Ao amparo de tal premisa, esta publicación é unha mostra dos máis de 600 traballos enviados ao evento, organizados en liñas temáticas e segundo o tipo de contribución (simposios, comunicacións e pósteres).

La educación en Red: realidades diversas, horizontes comunes, XVII Congreso Nacional y IX Iberoamericano de Pedagogía, Santiago de Compostela, 7-9 de julio de 2021, libro de resúmenes
Autor: Santos Rego, M. A., Lorenzo Moledo, M. e Quiroga-Carrillo, A. (Eds.)
DOI: 10.15304/cc.2021.1393
Editorial: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC
Ano de Publicación: 2021
Páxinas: 1361
Sen ser único, o factum Educación continúa sendo o factor de maior alcance e relevancia na formación das persoas, o cambio das comunidades e a gradual transformación do mundo. En tal marco de referencia global, a pedagoxía fai as veces de vector substantivamente instrumental ao servizo da optimización dos procesos de aprendizaxe e, por suposto, dos resultados educativos. «La Educación en Red: Realidades Diversas, Horizontes Comunes», lema e referente temático do «XVII Congreso Nacional y IX Iberoamericano de Pedagogía», que se celebra na emblemática cidade de Compostela os días 7, 8 e 9 de xullo de 2021, supón unha magnífica oportunidade de reflexión e proposta de acción compartida desde un contexto histórica e culturalmente diverso. A feliz circunstancia de que o Congreso discorra parello co Focal Meeting da World Education Research Association (WERA) é outro motivo e aliciente para seguir xerando vínculos que fomenten unha Iberoamérica máis conectada, orgullosa da súa plural identidade e disposta a facer da educación unha sólida garantía de futuro. Ao amparo de tal premisa, esta publicación é unha mostra dos máis de 600 traballos enviados ao evento, organizados en liñas temáticas e segundo o tipo de contribución (simposios, comunicacións e pósteres).

Caderno para familias. Implicación familiar e rendemento académico en educación primaria. A efectividade dun programa para pais e nais
Autor: Godás Otero, A. e Fernández Rey, E. (Eds.)
DOI: 10.15304/im.2021.1381
Editorial: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC
Ano de Publicación: 2021
Páxinas: 19
Este caderno pretende servir de apoio para a implementación do programa, no que se busca mellorar a implicación dos pais e nais nunha serie de cuestións que inciden na vida escolar e na educación en xeral dos seus fillos e fillas. Hoxe podemos garantir, de forma científica e obxectiva, que cando os pais e nais se implican na educación dos/das seus/súas fillos/as e cando saben polo que están pasando como persoas, están fortalecéndoos no seu desenvolvemento e no que constitúe a base para acadar calquera meta escolar. Sabemos tamén que, ao implicarnos, axudámoslles a desenvolver hábitos e habilidades, a se organizar para aproveitar o tempo, a aprender de xeito independente, a responsabilizarse do seu propio traballo, a enfrontarse ás dificultades propias da súa idade e da contorna escolar, e o que é máis importante, a compartir experiencias cos seus pais e nais. Isto é o que queremos sinalar e destacar, dialogando e intercambiando ideas e adaptándoas ás necesidades do grupo.

Guía para familias. Implicación familiar e rendemento académico en educación primaria. A efectividade dun programa para pais e nais
Autor: Godás Otero, A. e Fernández Rey, E. (Eds.)
DOI: 10.15304/im.2021.1378
Editorial: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC
Ano de Publicación: 2021
Páxinas: 23
O que imos desenvolver nesta guía pretende ser un apoio para os pais e nais e unha axuda para os/as fillos/as nunha serie de cuestións que inciden na súa vida escolar e na súa educación en xeral. Temos a intención de informar ás familias sobre os aspectos que teñen unha influencia directa no traballo que os/as seus/súas fillos/as teñen que facer na escola, e ao tempo proporcionarlles orientación sobre como axudarlles, deixándolles un espazo para que eles e elas actúen segundo o seu propio estilo de traballo e a súa forma de enfrontarse ás dificultades que xurdan antes de calquera novidade. Hoxe podemos garantir, de forma científica e obxectiva, que cando os pais e nais se implican na educación dos/das seus/súas fillos/as e cando saben polo que están pasando como persoas, están fortalecéndoos no seu desenvolvemento e no que constitúe a base para acadar calquera meta escolar. Sabemos tamén que, ao implicarnos, axudámoslles a desenvolver hábitos e habilidades, a se organizar para aproveitar o tempo, a aprender de xeito independente, a responsabilizarse do seu propio traballo, a enfrontarse ás dificultades propias da súa idade e da contorna escolar, e o que é máis importante, a compartir experiencias cos seus pais e nais. Isto é o que queremos sinalar e destacar, dialogando e intercambiando ideas e adaptándoas ás necesidades do grupo. Para intentalo, dividimos a guía en catro seccións nas que falaremos do inicio da adolescencia, da comunicación entre pais/nais e fillos/as, das relacións entre a familia e a escola, e do traballo escolar no fogar.

Guía de implementación. Implicación familiar e rendemento académico en educación primaria. A efectividade dun programa para pais e nais
Autor: Godás Otero, A. e Fernández Rey, E. (Eds.)
DOI: 10.15304/im.2021.1376
Editorial: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC
Ano de Publicación: 2021
Páxinas: 69
O que imos desenvolver durante as catro sesións deste programa quere ser un apoio para os/as pais/nais e unha axuda para os/as fillos/as nunha serie de cuestións que inciden na vida escolar e na súa educación en xeral. Hoxe en día podemos asegurar, de maneira científica e obxectiva, que cando os/as pais/nais se implican na educación dos/as seus/súas fillos/as e cando saben polo que están pasando como persoas, estanlles fortalecendo no seu desenvolvemento e apoiando na base para alcanzar calquera meta: a súa motivación. Isto é o que queremos traballar durante estas sesións, dialogando e intercambiando ideas e adaptándoas ás necesidades do grupo. Para conseguilo, elaboramos un programa dividido en catro sesións nas que falaremos do inicio da adolescencia, da comunicación entre nais/pais e fillos/as, das relacións entre a familia e a escola, e do traballo escolar no fogar. A guía divídese en dúas seccións, unha orientada ás familias e outra para o alumnado.

El aprendizaje-servicio y la educación universitaria. Hacer personas competentes
Autor: Santos Rego, M. A., Lorenzo Moledo, M. e Mella Núñez, I.
ISBN: 9788418615009
Editorial: Octaedro
Ano de Publicación: 2020
Páxinas: 193
Esquécese ocasionalmente que a universidade é parte sustantiva do sistema educativo. E precisamente por isto é unha institución que debe coidar, tamén con criterio pedagóxico, o proceso de desenvolvemento persoal e profesional dos estudantes. É un feito que, nos mellores centros de Educación Superior, a calidade da aprendizaxe se vincula co logro de persoas competentes, tanto en termos académicos como cívicos e sociais.
O presente volume concibiuse como un recurso de axuda a tales efectos, poñendo en valor a aprendizaxe-servizo como unha metodoloxía activa para un cambio de rumbo na docencia do século XXI. En consecuencia, a súa lectura interesará a profesores e estudantes de grao e posgrao, sexa cal sexa a súa materia ou área de especialización. Porque na sociedade do coñecemento, un xiro metodolóxico como o que avala a aprendizaxe-servizo abre rutas de progreso compartido entre os campus universitarios e as comunidades.

Homework, learning and academic success: the role of family and contextual variables
Autor: Valle, A., Rodríguez, S., Rosário, P. e Lorenzo, M.
ISBN: 9782889634927
Editorial: Frontiers
Ano de Publicación: 2020
Páxinas: 128
O obxectivo principal deste tema de investigación é analizar e identificar as principais variables familiares e contextuais que interveñen no proceso de realización dos deberes. Isto require estudar o papel desenvolvido polos mestres, estudantes e familias para garantir que o traballo escolar sexa unha ferramenta de aprendizaxe útil. Aínda que o papel do alumno, obviamente é crucial nesta tarefa, a investigación céntrase no tempo acumulado que o estudante pasa facendo as diferentes tarefas. Sen embargo, o tempo dedicado non é en si mesmo evidencia da participación do estudante nin o tempo empregado indica un tempo de calidade. De feito, un exceso de tempo ás veces pode denotar baixa competencia nun campo de coñecemento, mentres que pasar menos tempo na tarefa podería ser indicativo dunha alta competencia. É máis probable que unha gran dedicación do tempo á tarefa reflicta unha alta motivación ou déficit de comprensión, en lugar dun compromiso coa aprendizaxe ou motivación académica.
Xunto co papel do estudante, os mestres, como responsables de prescribir as tarefas, tamén se converten en actores centrais no proceso de completalas. As decisións que tomen os mestres e a cantidade e o tipo de tarefas que establezan determinarán, en gran medida, a calidade do proceso das mesmas, incluída a motivación do alumno e o seu nivel de compromiso. Ademais, o feito de que a tarefa sexa útil, interesante e motivadora para os estudantes, dependerá de como o mestre prescriba esas tarefas e a conexión establecida ca aprendizaxe na aula. A retroalimentación dos mestres tamén adquire unha relevancia particular para este punto ao axudar aos estudantes a estimar con precisión a calidade do seu progreso e superar as dificultades que poden ter encontrado ao realizar a súa tarefa. Por ultimo, a efectividade dos comentarios dos mestres depende da súa contribución ao progreso educativo do alumnado e de como se vai desenvolver no futuro.
Ademais do alumno que realiza a tarefa e o mestre que a prescribe e corrixe, non debemos perder de vista o papel dos pais. Aínda que existen discrepancias con respecto ao papel que xogan os pais en relación coa tarefa, é evidente ca súa implicación ten consecuencias importantes non só no resultado final desas tarefas senón tamén no proceso mesmo de levalas a cabo. Todo parece indicar que a contorna familiar e, máis especificamente, o apoio e a retroalimentación brindada polos pais é un factor que pode determinar a participación dos estudantes nas tarefas escolares. Desta maneira, brindar apoio emocional para alentar aos nenos a involucrarse pode contribuír positivamente a mellorar a súa motivación e interese no desempeño da tarefa.
O obxectivo deste tema de investigación é proporcionar aos investigadores e profesionais en psicoloxía e educación algunhas das probas empíricas máis recentes sobre o proceso dos deberes, a súa prescrición e corrección. En xeral, o noso obxectivo é deixar de facer da tarefa unha fonte de conflito e controversia a nivel socioeducativo para proporcionar instrumentos útiles para mellorar a calidade da aprendizaxe dos estudantes.

La transferencia de conocimiento en educación. Un desafío estratégico
Autor: Santos Rego, M. A. (Ed.)
ISBN: 978-84-277-2680-2
Editorial: Narcea
Ano de Publicación: 2020
Páxinas: 229
O progreso e benestar das sociedades que temos por desenvolvidas debeuse, en boa medida, á sistemática transferencia de coñecemento desde os diversos ámbitos do saber aos sector productivos, especialmente na industria, a tecnoloxía e os servicios.
Curiosa e paradoxicamente, o campo das Ciencias da Educación permaneceu falto de análises, cando non bastante invisible, en tal dinámica histórica, pese ás cadeas de valor social, cultural e económico xeradas en procesos de investigación, e tamén de innovación, dentro e fóra das aulas, para beneficio cognitivo de persoas e oportuna proxección das comunidades.
O que neste libro se pretende non é outra cousa que reivindicar, con razóns de peso epistémico e de neto pragmatismo, a necesidade de entender a transferencia de coñecemento en educación como un asunto de accións, que teñen que servir á formación de profesionais capacitados para seguir aprendendo e resolver problemas reais nos seus entornos de vida.

Nuevos itinerarios de Educación no Formal para jóvenes
Autor: Santos Rego, M. A. (Coord.)
ISSN: 0211-4364
Editorial: Revista de Estudios de Juventud – Injuve (Instituto de la Juventud)
Ano de Publicación: 2019
Páxinas: 264 (12 artigos)

Guía de integración para personas refugiadas en Europa
Autor: Lorenzo Moledo, M. (Coord.), Núñez García, J., Crespo Comesaña, J., Mavromara, L. e Kheireddine, B.
Depósito Legal: C 2202-2019
Editorial: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela
Ano de Publicación: 2019
Páxinas: 293
O proxecto UNINTEGRA ten como obxectivo a xestión eficiente dos fluxos migratorios respondendo ás necesidades de integración dos/as nacionais de terceiros países solicitantes de protección internacional, a dous niveis: inicialmente, traballando directamente cos e coas recén chegados/as para abordar as súas necesidades de integración así como fomentando actitudes positivas nas comunidades de acollida; e, por outra parte, promovendo marcos regulatorios inclusivos nas mesmas. UNINTEGRA está coordinado pola Universidade de Santiago de Compostela (España) coa participación da National and Kapodistrian University of Athens (Grecia), a Universidade do Minho (Portugal), a Fundación Acsar (España), a Fundación Universitaria Balmes (España) e o Concello de Santiago de Compostela (España). Este proxecto está financiado polo Asylum, Migration and Integration Fund (AMIF) da Comisión Europea. Esta Guía é resultado do proxecto de investigación levado a cabo en Grecia, Portugal e España por parte das Universidades participantes.

Éxito Educativo. Claves de Construcción y Desarrollo.
ISBN: 978-84-17508-80-7
Editorial: Tirant lo Blanch
Ano de Publicación: 2019
Páxinas: 318
O presente libro concibiuse para facer fronte ás frecuentes tentativas de banalización do éxito educativo nas sociedades actuais. Porque este nada ten que ver con simplistas alegatos que pretenden seducir a base de calculados discursos que anteceden a un muestrario de recetas sobre como alcanzar o éxito na vida ou nalgunha das súas máis conspicuas dimensión. En que reside, pois, a utilidade do libro? Sinxelamente, na funcionalidade teórica e práctica dos seus capítulos ante as múltiples preguntas que suscita o desexo do logro persoal, xunto ao desbroce de elementos que, a modo de variables, non poden ser obviados ao formular os avances ou sortear os retrocesos na senda do éxito sostido a través das educación. Ao que invitan estas páxinas, en definitiva, é a tomar boa nota psicopedagóxica da complexa topografía mental que rodea á noción de éxito educativo.

Educação: Partilhando e Ampliando Audiências, Resistências e Repertórios.
Autor: Serafim Pereira, A. e Santos Rego, M. A. (organizadores)
ISBN: 978-85-8410-101-6
Editorial: Ediunesc
Ano de Publicación: 2019
Páxinas: 295
Este libro emerxe do movemento/desexo dos seus autores de compartir e ampliar entre o público, resistencias e repertorios no contexto en que están insertados –locais, nacionais e internacionais – no ámbito da educación, coherentes coas teorías, procesos, políticas, prácticas docentes e de investigación, entre outras cuestión relevante na área. Principalmente, provén da disposición para romper fronteiras persoais e colectivas inmediatas, consoantes aos aspectos mencionados ou a outros que poderían ser entrevistos polos seus lectores. A fin de contas, as fronteiras existen para ser ameazadas/cuestionadas e, por conseguinte, ofrecernos posibilidades de espazos diversos en que se poida practicar, fundamentalmente, o pensamento alternativo, intercultural, descolonial e, por tanto, emancipador.

Cómo realizar un estudio científico en Ciencias Sociales, de la Educación y de la Salud.
Autor: Ferraces Otero, M. J., Godás Otero, A. y García Álvarez, J.
ISBN: 978-84-1324-053-4
Editorial: Dykinson
Ano de Publicación: 2019
Páxinas: 164
Este libro é unha resposta ás recurrentes inquedanzas dos estudantes de grado e posgrado no ámbito das ciencias sociais, da educación e da saúde cando afrontan a realización dun traballo de investigación. Ao longo das súas páxinas descríbese o procedemento, desde a formulación do problema ata a redacción do informe. Centrándose no deseño experimental e cuasi experimental, expoñendo de maneira comprensible os deseños máis empregrados á hora de realizar un estudo de carácter científico. En definitiva, propóñense orientacións que contribúen a desenvolver a inquedanza indagadora dos estudantes universitarios. De aí o seu enfoque práctico, sobre todo no relativo aos deseños de investigación e a necesidade da súa mellor compresión operativa.

VII Encontro da Mocidade Investigadora: Santiago de Compostela, 27-29 de maio de 2019, libro de resumos
Autor: Quiroga-Carrillo, A. (Coord.)
ISBN: 9788417595289
Editorial: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC
Ano de Publicación: 2019
Páxinas: 331
Libro no que se recollen as aportacións dos participantes ao VII Encontro da Mocidade Investigadora, celebrado na Universidade de Santiago de Compostela do 27 ao 29 de maio de 2019.

Guía para la institucionalización del aprendizaje-servicio en la universidad
Autor: Santos Rego, M. A. e Lorenzo Moledo, M. (Eds.)
ISBN: 978-84-16954-86-5
Editorial: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Ano de Publicación: 2018
Páxinas: 107
Esta guía deriva dun traballo de investigación en equipo que articulou a colaboración efectiva e continuada de seis universidades españolas –Universidade da Coruña, Universidade Complutense de Madrid, Universidade de Córdoba, Universidade de Navarra, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Valencia- baixo a coordinación da Universidade de Santiago, no marco do proxecto Aprendizaje-servicio e innovación en la universidad. Un programa para la mejora del rendimiento académico e o capital social dos estudantes (EDU2013-41687-R / BOE do 01/08/2014), cuxa finalidade principal foi a validación dun modelo0 de institucionalización da metodoloxía de aprendizaxe-servizo na universidade (www.usc.es/apsuni).

Educación no Formal y empleabilidad de juventud
Autor: Santos Rego, M. A., Lorenzo Moledo, M. e Vázquez Rodríguez, A.
ISBN: (978-84-9171-094-3)
Editorial: Síntesis
Ano de Publicación: 2018
Páxinas: 159

La infancia en Galicia 2018
ISSN: 36223-2018
Editorial: UNICEF Comité Galicia
Ano de Publicación: 2018
Páxinas: 67

A investigación educativa novel en Galicia. Realidade e perspectivas
Autor: Sotelino Losada, A., Rego Agraso, L. e Diz López, M. J.
ISBN: (978-84-16533-04-6)
Editorial: Toxosoutos.
Ano de Publicación: 2016
Páxinas: 336
A investigación educativa novel en Galicia recolle os proxectos e primeiros resultados de investigación dos doutorandos/as da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Contribúe, xa que logo, á difusión de estudos na vangarda da investigación novel en Galicia en torno á pedagoxía e as ciencias da educación. Estruturado en dous bloques de contido arredor das dúas principais áreas de coñecemento da disciplina —teorías educativas e pedagoxía social por unha banda, e educación, formación e didáctica, por outra—, atende a aspectos tan diversos como os ocios na adolescencia ou as escolas nos hospitais no primeiro bloque, ou a formación de medianas e grandes empresas ou a aprendizaxe autorregulada e as redes sociais no segundo.

O xogo dos bolos en Boiro: tradición, cultura e educación
Autor: Rodríguez Fernández, J. E.
ISBN: (978-84-944314-6-3)
Editorial: Toxosoutos.
Ano de Publicación: 2016
Páxinas: 358
A persoa que decida mergullarse na lectura desta obra, atopará datos tan interesantes como o descubrimento dos 86 campos de bolos espallados por todo o territorio boirense, as causas polas que este xogo popular e tradicional foi decaendo co paso do tempo, o nome dos xogadores máis destacados ou o primeiro regulamento escrito desta modalidade de xogo única en España.

A investigación educativa en Galicia (2002-2014)
Autor: Santos Rego, M. A. (Ed.)
ISBN: (978-84-9865-697-8)
Editorial: Galaxia
Ano de Publicación: 2016
Páxinas: 518
Este libro é froito da vontade de colaboración entre investigadoras e investigadores da educación das tres universidades de Galicia. O seu propósito é sistematizar e divulgar as achegas do traballo desenvolvido contando tamén coa implicación de mestres e profesionais doutros niveis de ensino. O volume amosa a diversidade de eidos e núcleos de interese que alicerzan a curiosidade científica arredor dos procesos educativos, dentro e fóra da escola, e mesmo a pluralidade de enfoques e métodos de investigación desenvolvidos durante máis de dez anos. Trátase de poñer ao dispor da sociedade un conxunto de análises e datos para a prevención do fracaso escolar, a mellora da innovación educativa nas escolas, a formación dos profesores, a xestión da diversidade cultural e o aproveitamento dos coñecemento das familias nos procesos educativos. Concibido desde ámbitos coma a psicoloxía da educación, a tecnoloxía educativa ou a formación e a orientación, o libro ten o obxectivo de axeitar a educación ás necesidades da cidadanía no século XXI.

Autor: Santos Rego, M. A., Sotelino Losada, A., e Lorenzo Moledo, M. (Eds.)
ISBN: (978-84-16533-97-8)
Editorial: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC
Ano de Publicación: 2016
Páxinas: 1006
Libro no que se recollen as aportacións dos participantes ao VII Congreso Nacional y II Internacional de Aprendizaje-Servicio Universitario, celebrado na Universidade de Santiago de Compostela do 13 ao 15 de outubro de 2016.

Sociedad del conocimiento. Aprendizaje e Innovación en la Universidad
Autor: Santos Rego, M. A. (Ed.)
ISBN: (978-84-16647-75-0)
Editorial: Biblioteca Nueva
Ano de Publicación: 2016
Páxinas: 251
Na irreversible dinámica dunha sociedade e unha economía do coñecemento, este libro contribúe a dilucidar as vías educativas que conveñen, aquí e agora, á universidade para que esta retome o seu papel de axencia líder na xestión da aprendizaxe de estudantes e graduados. Tal xestión debe asociarse, efectivamente, a procesos de innovación, cuxa clave non pode ser outra que o trazado de consorcios operativos entre a dimensión académica e a ineludible responsabilidade social do seu cometido institucional.
Este volume consta de dúas partes unidas a través da necesidade dun novo proceso educativo na universidade, precedidas dun estudo introdutorio acerca do alcance desa relación entre universidade e sociedade do coñecemento no século XXI. Unha pregunta cardinal sobre o futuro da aprendizaxe informa os seis capítulos primeiros sen esquecer os modelos virtuais, a educación a distancia ou a pertinencia doutros modos de xestión universitaria. É na segunda parte onde formación e innovación se conectan confirmando a responsabilidade social da universidade. Esa é a dirección que seguirá marcando diferencias no futuro.

Diseño de experimentos y análisis de varianza. Esquemas para las Ciencias de la Salud
Autor: Ferraces, M. J. e Andrade, E. M.
ISBN: (978-84-8408-798-4)
Editorial: Andavira Editora
Ano de Publicación: 2015
Páxinas: 160
Esta edición escríbese pensando no alumnado dos primeiros cursos de grado, que necesita adquirir fundamentos sobre metodoloxía de investigación. Contempla a metodoloxía experimental como unha estratexia para obter e interpretar información a partir de patróns operativos específicos, que se denominan precisamente deseños experimentais. O que se pretende é que o alumnado coñeza os diferentes tipos de deseños experimentais, con varios niveis de complexidade. Paralelamente, debería aprender a identificar e a formular problemas científicos, e a respectar as pautas que guían todo o proceso, desde o rexistro e a análise dos datos ata a interpretación dos resultados e a posterior elaboración do informe.

Actas IV Congreso Internacional de Atención Temprana y Educación Familiar
Autor: Buceta Cancela, M. J. e Crespo Comesaña J. (Eds.)
ISBN: (978-84-16533-13-8)
Editorial: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC
Ano de Publicación: 2015
Páxinas: 735
Libro no que se recollen as aportacións dos participantes ao IV Congreso Internacional de Atención Temprana y Educación Familiar, celebrado na Universidade de Santiago de Compostela do 10 ao 12 de setembro de 2015.

Aprendizaje-servicio y misión cívica de la universidad. Una propuesta de desarrollo.
Autor: Santos Rego, M. A., Sotelino, A. e Lorenzo Moledo, M.
ISBN: (978-84-9921-733-8)
Editorial: Octaedro
Ano de Publicación: 2015
Páxinas: 134
A universidade ten unha misión cívica que cumprir. En cada tempo e lugar. Pero, sobre todo, na sociedade do coñecemento, xa que este non é posible sen diálogo e sen construción do discurso epistémico en profesores e estudantes. Ao respecto e dun modo moi gradual, a aprendizaxe-servizo foise constituíndo en vector de innovación universitaria, en tanto que estimula a conexión entre as dimensións académicas e comunitarias da aprendizaxe. E este libro proponse marcar pautas teóricas e metodolóxicas de utilidade pedagóxica, de modo que facilite a xestión do cambio na educación superior.

El poder de la familia en la educación
Autor: Santos Rego, M. A. (Ed.)
ISBN: (9788490771754)
Editorial: Síntesis
Ano de Publicación: 2015
Páxinas: 260
Co discorrer do novo século, lonxe de racharse, o poder da familia se foi afianzando na biografía individual e no imaxinario colectivo. Tal poder se entende nas páxinas deste libro como influenza clave na perspectiva de educación, a modo de posibilidades sobrevidas nunha sociedade do coñecemento. Nela, as oportunidades non esgotan o seu recorrido, nin moito menos, nos procesos e produtos escolares. Por iso, debe procurarse fortalecer a proxección vital de nenos e mozos no marco dunha nova educación familiar, aínda necesitada de redefinición e desenvolvemento, considerando as dinámicas de cambio que dilatáronse na representación da familia e o seu recoñecemento cívico. A relevancia dos temas abordados (a familiar ante un cambio de época, a familia como axente motivador da aprendizaxe, estilos educativos parentais, inmigración, familia e educación, os programas de educación familiar e a súa avaliación…) fan da súa obra a ferramenta propicia para mostrar que a educación familiar é un eixo imprescindible na formación dos actuais e futuros mestres, educadores sociais e pedagogos.

Programa ECO-FA-SE
Autor: Santos Rego, M. A. (Dir.), Lorenzo Moledo, M., Priegue Caamaño, D., Crespo Comesaña, J., Cernadas Ríos, F. X., Sotelino Losada, A. e Varela Portela, C.
ISBN: (978-84-15876-95-3)
Editorial: Universidade de Santiago de Compostela
Ano de Publicación: 2014
Páxinas: 132
O progreso dunha sociedade depende, en gran medida, dos coñecementos e capacidades que logren os seus membros a través do sistema educativo. Pero moitos estudantes non conseguen avanzar de acordo ás previsións curriculares, razón dabondo para apurar a busca de ferramentas que poidan beneficiar a todo o alumnado.
ECO-FA-SE é un programa socioeducativo deseñado para mellorar o rendemento do alumnado de 1º e 2º da ESO, tomando como base unha dinámica de traballo de colaboración entre familias e centros de ensino. Conta con tres actuacións relacionadas: un Programa de Aprendizaxe Cooperativa (AC), un Programa de Educación Familiar (EF) e un Programa de Aprendizaxe-Servizo (ApS). Ten sido implementado e avaliado, no marco de sólidas actuacións investigadoras , por membros do Grupo Esculca da USC en sete centros educativos de Galicia. Os resultados acadados amosan o seu potencial sistémico, nomeadamente cando se trata de artellar canles efectivas polas que poida discorrer o éxito educativo da nosa mocidade.

Atención Temprana: un modelo singular
Autor: Buceta Cancela, Mª. J. e Carballedo Penedas, C.
ISBN: (9783848468652)
Editorial: Académica Española
Ano de Publicación: 2014
Páxinas: 48
Este non é un manual ao uso, trátase dun texto divulgativo que toma como base o traballo levado a cabo pola Unidade de Atención Temperá da Universidade de Santiago de Compostela, un modelo que cabalga entre o sistema sanitario, o docente e o educativo. Repasamos os primeiros pasos da antiga estimulación precoz, as claves da atención temperá e os seus niveis e modelos de intervención. Pero tamén afondamos na fórmula asistencial, docente e investigadora levada a cabo pola unidade e que foi obxecto de numerosos recoñecementos. Esperamos que os profesionais encontredes nestas liñas as ganas de formarvos, que as familias encontredes as ganas de loitar e os enfermos, a forza para seguir.

Cosmopolitismo y Educación. Aprender y trabajar en un mundo sin fronteras
Autor: Santos Rego, M. A. (ed.)
ISBN: (978-84-15204-39-8)
Editorial: Brief
Ano de Publicación: 2013
Páxinas: 221
Vivimos inmersos nun proceso de globalización practicamente irrefreable dende que o avance da tecnoloxía desbordou os diques de contención da economía, facéndoa máis interdependente, vulnerable e necesitada de xestores responsables. Así, o sentido dunha educación fixada segundo contextos nacionais mudouse en outro máis ligado á complexidade e a incerteza, onde o dominio de habilidades comunicativas propias dunha sociedade cosmopolita, onde xa é posible aprender e traballar baixo formatos de total conectividade e interactividade. Necesítanse, pois, políticas educativas que fagan o posible por optimizar o capital social e intercultural dos individuos, a fin de abrir novas vías ao aprendizaxe e ao desenvolvemento das competencias que precisan os cidadáns no mundo actual.
Este libro formula problemas e ofrece respostas no marco da dialéctica aprendizaxe-formación-traballo na sociedade cosmopolita, entendida non como ideal romántico, senón como deriva de fluxos históricos mediados pola tecnoloxía e a comunicación. Tal vez o que debería importarnos na encrucillada na que fomos arrastrados pola primeira gran crise económica deste século é a construción de proxectos educativos fortes, entrelazados dende a sociedade civil, avaliándoos segundo o servizo que presten aos propósitos de equidade e inclusión cívica.

Inmigración y Administración Local. La gestión socioeducativa
Autor: Santos Rego, M. A. (dir.)
ISBN: (978-84-9745-926-6)
Editorial: Netbiblo
Ano de Publicación: 2012
Páxinas: 177
Na España actual, a inmigración é un feito tanxible, talvez o que máis vínculos presenta co cambio experimentado na vida cotiá da nosa sociedade. Con desigual percorrido nos diferentes territorios do Estado, ao que corresponden as competencias normativas na materia, é no plano municipal onde máis claro aparece o desafío da súa xestión efectiva. Neste contexto, os servizos sociais e educativos destacan pola súa capital importancia na dinámica inclusiva tanto de individuos como de grupos chegados doutras latitudes. Co seu epicentro situado en Galicia, Inmigración e Administración local supón un revulsivo para a análise e avaliación dos plans, programas e actividades nunha conxuntura difícil, á vez que decisiva, para calibrar o alcance dos compromisos cívicos e constitucionais.

Estudios de Pedagogía Intercultural
Autor: Santos Rego, M. A. e Lorenzo Moledo, M.M. (eds.)
ISBN: (978-84-9921-254-8)
Editorial: Octaedro
Ano de Publicación: 2012
Páxinas: 188
Son moitas as propostas de traballo intelectual no ámbito das ciencias sociais que nos últimos anos teñen xirado en torno á interculturalidade, facendo de esta un campo de trazado epistémico interdisciplinario. Sen embargo, é no marco concreto das ciencias da educación onde máis nitidez acada o eco dunha demanda de sistematización de teorías e modelos para unha acción educativa comprometida co aumento da equidade e a mellora da calidade nas aulas culturalmente diversas.
Nesta obra reúnense seis estudos cuxa confluencia non é outra que a posibilidade dunha pedagoxía intercultural capaz de dar resposta ás preguntas e inquietudes dos educadores nun tempo de crecente vulnerabilidade e resgo global. O lector encontrará no libro cuestións temáticas clave para engadir un sentido práctico á articulación de novos proxectos socioeducativos dende os centros escolares ou dende a mesma sociedade civil no seu conxunto
TAC-RIES. Técnicas de Aprendizaxe Cooperativa (cd)
Autor: Alvariñas, M., Carnota, M. P., Ceinos Sanz, C., Couce Santalla, A., Crespo Comesaña, J., Díaz García, M. T., Fernández Rey, E., García Murias, R., Guillanders, C. J., Lorenzo Moledo, M., Méndez Lois, M. J., Nogueira Pérez, M. A., Pino Juste, M., Priegue Caamaño, D. e Valcarce Fernández, M.
ISAN: (0000-0003-5449-0000-M-0000-0000-8)
Editorial: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC
Ano de Publicación: 2012
O material educativo que contén o presente CD xerouse e articulouse no marco dunha acción mancomunada dentro da Rede sobre Inmigración, Educación e Sociedade (RIES), que teño a honra de coordinar e que está composta por cinco grupos de investigación da USC e un da Universidade de Vigo.
O interese operativo de todos os integrantes desta agrupación científica por reunir, baixo idéntico formato de presentación, algunhas das máis acreditadas técnicas de aprendizaxe cooperativa, ten que ver co enfoque pragmático da súa filosofía e visión sobre como proceder na mellora e, no seu caso, optimización, da xestión da diversidade cultural dende a escola e, en xeral, dende o conxunto do sistema educativo. Queremos que sirva a unha formación máis sólida en termos cívicos, ao tempo que procurando o desenvolvemento de persoas conscientes do valor estratéxico que posúen distintas formas de interactuar cando se desexa aprender ou ensanchar os lindes da coñecemento.
Do que se trata, polo tanto, é de ser racionalmente consistentes na acción educativo, a fin de non cesar nun empeño metodolóxico acorde co progreso, material e moral, de suxeitos e comunidades. Estamos convencidos de que o soporte práctico das técnicas aquí aliñadas pode axudar aos profesores, sobre todo aos máis ansiosos por pasar das palabras aos feitos.
Manual de atención temprana
Autor: Buceta Cancela, M. J. (coord.)
ISBN: (978-84-975672-3-7)
Editorial: Síntesis
Ano de Publicación: 2011
Páxinas: 338
Este libro presenta a Atención Temperá como unha técnica precoz que conxuga as perspectivas preventiva e de intervención. Ten como obxectivo fundamental á poboación infantil que, por diferentes causas, padece ou pode padecer problemas no seu desenvolvemento, e engloba ao neno na súa totalidade co fin de desenvolver as súas potencialidades e favorecer a súa integración no ambiente familiar e social.
Políticas Educativas y Compromiso Social. El progreso de la Equidad y la Calidad
Autor: Miguel Anxo Santos Rego (ed.)
Editorial: Octaedro
Ano de Publicación: 2009
Neste libro deféndese unha tese básica, sinxela na súa formulación aínda que máis complexa na súa xestión situada: o logro de maiores niveis de equidade e calidade na formación da cidadanía precisa de políticas educativas socialmente comprometidas. Estas políticas deben ser capaces de ir mostrando indicadores de inclusión e avance nas oportunidades ás que teñen dereito todos os individuos dunha comunidade. Sen boas políticas educativas non alcanzaremos a cohesión social que necesitamos se queremos optimizar o benestar da xente, máxime se apostamos por unha cultura da aprendizaxe sostida na que basear axeitadas expectativas de desenvolvemento persoal e colectivo. Con singulares acentos e as cumpridas dimensións dunha realidade educativa que nos afecta, este volume ensambla suxestivas análises e coidadas propostas, en sintonía cos mellores anhelos de democracia.
Inmigración e acción educativa en Galicia (2ª edición)
Autor: María del Mar Lorenzo Moledo, Miguel Anxo Santos Rego
ISBN: (84-9782-041-X)
Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Ano de Publicación: 1ª edición 2003, 2ª edición 2008
Páxinas: 277
Resumen: O tema da inmigración converteuse nos últimos tempos nun dos eixes sobre os que xira boa parte do discurso social, ata o punto de ser recoñecido como hiperxénero. Trátase dunha cuestión complexa, con grande calado ético, cognitivo e afectivo, e dunha considerable heteroxeneidade polos referentes comunicativos que implica, tanto no plano político-económico como, de xeito particularmente crítico, na órbita cultural. O presente volume, preparado polos profesores Miguel Anxo Santos Rego e María do Mar Lorenzo Moledo, é pioneiro no escrutinio socioeducativo do fenómeno da inmigración en Galicia, un país aínda de emigrantes, e pretende coñecer e dispor o que sexa necesario para que a inmigración que chega teña na escola, e no sistema educativo en xeral, o lugar que lle corresponde en xustiza. Un libro, froito dunha investigación ampla e rigorosa, que ten como obxecto facer unha aproximación ordenada a un vínculo, o que se dá entre inmigración e educación en Galicia, de grande potencia para un futuro de convivencia e progreso compartidos na perspectiva dunha Europa interesada por alcanzar unha cidadanía intercultural. Convencidos os autores de que a inmigración continuará a ser un formidable vector de cambio no mundo, este volume abre un fecundo camiño para que os educadores participen con razóns e argumentos sólidos, nesa dinámica aberta de maior diálogo e compromiso interdisciplinar sobre unha das cuestións máis relevantes da realidade social do noso tempo.
Universidade e construción da sociedade civil en Galicia
Autor: Santos Rego, M.A. e Lorenzo Moledo, M.M.
ISBN: (978-84-9782-488-0)
Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Ano de Publicación: 2007
Páxinas: 346
No mundo actual as universidades convertéronse en institucións prestas a colaborar no espertar da conciencia social activa por parte do alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos. Isto supón un enorme potencial en canto á disposición de recursos humanos cun grao de preparación alto para deseñar e levar adiante unha ampla gama de proxectos, dentro e fóra dos campus, e mesmo dos países.
Neste sentido, a estrutura universitaria pode facilitar a canalización de ideas e iniciativas, permitindo a transferencia de coñecementos que recomenda a mellora continuada da sociedade civil a estas alturas da historia.
Este libro dá conta da relación entre voluntariado, aprendizaxe cívica e competencias transversais nas universidades de Galicia, trazando perspectivas de mellora acordes co desenvolvemento do país e da necesaria proxección dos seus recursos humanos nunha conxuntura de internacionalización.
Tinta de amoras, barcos de noz...
Autor: Marcial Gondar Portasany, Jesús Cendán Seco, Hortensia Fernández Torre, Margarita Lobato García, Jesús M. Rodríguez Carril
ISBN: 978-84-690-3867-3
Editorial: Concello de Catoira
Ano de Publicación: 2007
Inmigración, cidadanía e identidade
Autor: VV.AA.
D.L. C2226-2008
Editorial: Museo do Pobo Galego / Parlamento de Galicia
Ano de Publicación: 2007
Evolución do estado actual do sistema educativo en Galicia. Informe sobre o estado e a situación do sistema educativo en Galicia. Cursos 2002-.2003, 2003-2004, 2004-05
Autor: Santos Rego, M.A. e Lorenzo Moledo, M.M. (dirs.)
ISBN: (84-453-4329-7)
Editorial: Xunta de Galicia
Ano de Publicación: 2006
Páxinas: 705
Estudios sobre flujos migratorios en perspectiva educativa y cultural
Autor: Santos Rego, M.A. (ed.)
ISBN: (84-8491-603-0)
Editorial: Grupo Editorial Universitario
Ano de Publicación: 2006
Páxinas: 327
Avances en complejidad en educación: teoría y práctica
Autor: Santos Rego, M.A., Guillaumín, A.(ed.)
ISBN: 978-84-8063-825-8
Editorial: Octaedro
Ano de Publicación: 2006
Páxinas: 288
Díxolle o millo á terra...
Autor: Marcial Gondar Portasany, Jesús Cendán Seco, Hortensia Fernández Torre, Margarita Lobato García, Jesús M. Rodríguez Carril
ISBN: (84-689-3231-0)
Editorial: Concello de Catoira
Ano de Publicación: 2005
Páxinas: 106
Orientación escolar e acción titorial
Autor: Miguel Anxo Santos Rego, Luis M. Sobrado Fernández
ISBN: (84-453-3739-4)
Editorial: Xunta de Galicia
Ano de Publicación: 2004
Páxinas: 499
A Investigación Educativa en Galicia (2 tomos)
Autor: Miguel Anxo Santos Rego (ed.)
ISBN: (84-453-3821-8)
Editorial: Xunta de Galicia
Ano de Publicación: 2004
Páxinas: 1140
Familia, Educación y Sociedad Civil
Autor: José Manuel Touriñán López e Miguel Anxo Santos Rego (eds.)
ISBN: (84-9750-379-1)
Editorial: USC
Ano de Publicación: 2004
Páxinas: 300
¿Qué é a antropoloxía aplicada?
Autor: Marcial Gondar Portasany
ISBN: (84-933313-9-2)
Editorial: Unidixital
Ano de Publicación: 2003
Páxinas: 123
Lecturas de Educación Intercultural
Autor: Miguel Anxo Santos Rego (ed.)
ISBN: (C-369-2003)
Editorial: Tórculo
Ano de Publicación: 2003
Páxinas: 170
Inmigración e acción educativa en Galicia
Autor: María del Mar Lorenzo Moledo, Miguel Anxo Santos Rego
ISBN: (84-9782-041-X)
Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Ano de Publicación: 2003
Páxinas: 277
A Educación Primaria na comunidade autónoma de Galicia
Autor: Miguel Anxo Santos Rego, José Cajide Val (eds.)
ISBN: (84-453-3240-6)
Publicación: 2002
Editorial: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Ano de Publicación: 2002
Páxinas: 391
A Educación Primaria na comunidade autónoma galega
Autor: Miguel Anxo Santos Rego, José Cajide Val (eds.)
ISBN: (84-453-3240-6)
Editorial: Xunta de Galicia. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Ano de Publicación: 2001
Páxinas: 391
A Construcción educativa na cidade. Unha perspectiva tranversal
Autor: Miguel Anxo Santos Rego, María del Mar Lorenzo Moledo (eds.)
ISBN: (84-89597-11-1)
Editorial: Litonor
Ano de Publicación: 2001
Páxinas: 286
A Educación Primaria na comunidade autónoma galega. Cursos 1998-1999 e 1999-2000
Autor: Miguel Anxo Santos Rego, María del Mar Lorenzo Moledo, Antonio Rodríguez Martínez, Agustín Requejo Osorio (eds.)
ISBN: (84-453-3240-6)
Editorial: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Ano de Publicación: 2001
Páxinas: 391
Calidad educativa y empleo en contextos multiculturales
Autor: Miguel Anxo Santos Rego, José Cajide Val, Ana María Porto Castro (eds.)
ISBN: (84-8121-847-2)
Editorial: Servicio de Publicacións da USC
Ano de Publicación: 2000
Páxinas: 374
A Pedagoxía dos valores en Galicia
Autor: Miguel Anxo Santos Rego (ed.)
ISBN: (84-8121-834-0)
Editorial: Servicio de Publicacións da USC
Publicación: 2000
Páxinas: 436
A educación en perspectiva. Homenaxe ó Profesor Lisardo Doval Salgado
Autor: Miguel Anxo Santos Rego (ed.)
ISBN: (84-8121-824-3)
Editorial: Servicios de Publicacións e Intercambio Científico
Ano de Publicación: 2000
Páxinas: 868