Os membros do GI-Esculca, Alexandre Sotelino Losada, Kateline de Jesus Brito e Alexandra M. Rodríguez veñen de publicar o artigo titulado “A aprendizaxe-servizo no Sistema Universitario de Galicia. Evolución e consolidación” na Revista Galega do Ensino (EDUGA) no seu número 83 (Xaneiro-Xuño). Neste traballo faise unha análise dos avances dados polas tres universidades públicas galegas en prol da consolidación da metodoloxía aprendizaxe-servizo.