O profesor do GI ESCULCA, Javier Rico xunto con outros/as investigadores/as da Universidade de Santiago de Compostela e da Universidade de Vigo veñen de publicar o artigo “Training Children for Prehospital Aquatic Interventions: Assessing Throwing Skills Using Traditional and Alternative Materials in a Simulated Water Rescue” na revista Prehospital and Disaster Medicine, indexada en JCR.
Este estudo tiña como obxectivo avaliar as habilidades de lanzamento de nenos e nenas de 6 a 12 anos, utilizando materiais tradicionais e alternativos nun rescate acuático simulado. Entre as conclusións, destácase a importancia de incorporar materiais alternativos nos cursos de formación en primeiros auxilios para nenos e nenas destas idades, polo seu custe, accesibilidade e beneficio ante unha situación de rescate.