Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the health-check domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/esculca/public_html/wp-includes/functions.php on line 6121
Publicado artigo na Revista Retos | Grupo de Investigación ESCULCA

Novas do GI Esculca

Publicado artigo na Revista Retos

29 Xuño 2022
Categorías: Breves | Novas

O profesor do GI ESCULCA, Geno Rodríguez, vén de publicar un artigo na Revista Retos, titulado “Intervenciones basadas en métodos de relajación en el contexto escolar desde la perspectiva de la promoción de la salud y el bienestar: una revisión sistemática”, en colaboración con investigadores portugueses da Universidade do Minho (Braga, Portugal). 

O obxectivo do estudo foi identificar e caracterizar as intervencións baseadas en métodos de relaxación que se realizan actualmente no contexto escolar, con alumnado de preescolar e no primeiro ciclo de escolaridade en centros de ensino portugueses, dende unha perspectiva da promoción da saúde e o benestar. Os resultados desta revisión sistemática mostran que o concepto de relaxación pode ser empregado dende diferentes perspectivas e como metodoloxía que promove a reducción de síntomas manifestos de ansiedade en nenos e nenas, a mellora das súas funcións autónomas, a súa iniciativa e autonomía, as interaccións cos demais, o desenvolvemento socio-emocional e a memoria a curto prazo. 

Ver artigo