O profesor do GI ESCULCA, Javier Rico xunto cos investigadores Antonio Sánchez, Iván Clavel e Sofía Toro veñen de publicar o capítulo “Galicia, en el buen camino”, no libro titulado “Políticas y culturas deportivas en la España de las autonomías” (Editorial Tirant Lo Blanch), coordinado polo profesor Ramón Llopis Goig (Universitat de València).
Tal e como recollen as notas da edición, “este libro céntrase na situación do deporte en España, pero a diferenza doutros traballos, faino desde una perspectiva autonómica. Este prisma resulta ineludible se se ten en conta que a aprobación da Constitución en 1978 converteu a promoción do deporte nunha competencia das Comunidades Autónomas (art. 148.19). Dacordo con ese enfoque, os capítulos que compoñen este libro proporcionan unha radiografía do sistema deportivo de cada un das 17 Comunidades Autónomas e tratan de responder ás seguintes preguntas: cales son os aspectos máis característicos da evolución histórica do deporte en cada territorio?, como están organizados e articulados formalmente os seus sistemas deportivos?, cales son as súas dimensións económicas?, en que aspectos se centraron as políticas deportivas dos últimos anos?, que pautas caracterizan a participación e a cultura deportiva de cada Comunidade Autónoma? e cales son os seus principais retos de futuro?