Vén de publicarse información sobre as últimas accións desenvolvidas no marco do proxecto “Mobilising university-community resources through SL(M) for the inclusion of migrants/refugees” (Erasmus +) na Newsletter de Glocal Factory.
Nela preséntase unha breve entrevista concedida por parte da coordinación do Proxecto, o Prof. Miguel A. Santos Rego e a Profa. Mar Lorenzo Moledo, ademais da participación cuns artigos dos socios do mesmo, ACCEM e a Università di Verona.
Para máis información, pode consultarse a páxina web do Proxecto.