O profesor do GI Esculca Geno Rodríguez ven de publicar un artigo na Revista Latinoamericana de Tecnología Educativa.
O artigo, no que é coautor xunto aos profesores da USC Carol Gillanders e Raúl Eirín, leva por título “Impacto del uso de materiales audiovisuales para el aprendizaje de danzas y bailes tradicionales en la formación de estudiantes universitarios”, e é froito do traballo realizado nun proxecto da I Convocatoria de Proxectos de Innovación Educativa en MOOC e de apoio das TIC á docencia.