Novas do GI Esculca

Publicado un novo artigo sobre ApS e desenvolvemento da expresión corporal

29 Xaneiro 2020
Categorías: Artigos | Novas

Recentemente publicouse na revista Publicaciones (vol. 49, núm. 4) o artigo “Aprendizaje-servicio y desarrollo de la expresión corporal en la formación del profesorado de educación infantil”.

Os autores do traballo, que se deriva dos proxectos de I+D+i sobre ApS na educación superior, son os membros do GI ESCULCA Alexandre Sotelino Losada, Ígor Mella Núñez e Geno Rodríguez Fernández.