Nos últimos días foron publicados dous artigos en revistas especializadas que se derivan de traballos de investigación do GI ESCULCA.
Por unha parte, os profesores Miguel A. Santos Rego, Mar Lorenzo Moledo e Diana Priegue Caamaño, xunto con Julio Torrado Quintela, son autores do artigo Variaciones en los hábitos de estudio en función del género y origen étnico-cultural del alumnado y su relación con el rendimiento escolar, que se publicou no volume 31 (número 2) da Revista Complutense de Educación.
Ademais, no volume 8 (número 2) da Revista Pedagogia i Treball Social, foi publicado o artigo Desarrollo comuntario, ocio y participación cívica en el medio rural. El entroido gallego, un estudio de caso, no que os profesores do GI ESCULCA Alexandre Sotelino Losada e Cristina Varela Portela comparten autoría con Miguel A. Rodríguez Fernández