Novas do GI Esculca

Reunión do Proxecto ApSuni-C

18 Outubro 2024
Categorías: Novas

O pasado 17 de outubro de 2024 tivo lugar a cuarta reunión do Proxecto ApSuni-C, celebrada na Facultade de Ciencias da Educación da USC. No encontro, no que participaron os/as investigadores/as das nove universidades españolas implicadas, realizouse un balance do traballo desenvolto e abordáronse as tarefas que se realizarán durante el periodo 2024-2025.