O día 15 de decembro de 2022 tivo lugar a reunión inicial (kick-off meeting) do proxecto Erasmus+ “Mobilización de recursos universidade-comunidade a través do ApS(M) para a inclusión de persoas migrantes/refuxiadas” (2022-1-ES01-KA220-HED-000087650). Este proxecto, que se enmarca na Acción Clave 2 “Cooperación entre organizacións e institucións de Educación Superior”, desenvolverase entre os anos 2022 e 2025 baixo a coordinación do GI ESCULCA.
Á reunión, que se celebrou telematicamente, asistiron representantes de todas as institucións participantes: Universidade de Santiago de Compostela (Coord.), University of Galway (Irlanda), Università degli studi di Verona (Italia), ACCEM (España) e Cooperativa sociale Glocal Factory (Italia). Nela organizouse o plan de traballo e a folla de ruta a seguir durante o ano 2023.