Novas do GI Esculca

Seminario “Implicación familiar e participación social nas comunidades de acollida” no Concello de Xinzo de Limia

14 Outubro 2024
Categorías: Breves | Novas

O Grupo de Investigación Esculca, en colaboración co Concello de Xinzo de Limia, organiza o Seminario “IMPLICACION FAMILIAR e PARTICIPACIÓN SOCIAL nas COMUNIDADES de ACOLLIDA” que se desenvolverá presencialmente na vila limiá durante o mes de Novembro de 2024. Posteriormente, haberá tamén parte de formación a distancia na cal se reforzarán os contidos traballados. 

Para máis información e matrícula débese contactar coa Área de Educación e Inmigración do Concello de Xinzo de Limia. 

Consultar programa