O GI-Esculca e o Concello de Xinzo de Limia organizan o Seminario “Competencia intercultural, empregabilidade e participación. Vías para a inclusión sociolaboral de persoas migrantes” que terá lugar na vila ourensá os días 28, 29 e 31 de Maio. Nesta actividade formativa intervirán diferentes profesores/as da USC xunto con técnicos da administración local.