No marco dunha investigación sobre o proxecto Monte Vivo do IES Félix Muriel, dúas investigadoras do GI-ESCULCA (Paloma Redondo Corcobado como investigadora predoctoral visitante e David García Romero en calidade investigador posdoutoral) levaron a cabo unha sesión de devolución e diálogo sobre os resultados preliminares co estudantado do centro. A investigación, que busca coñecer en detalle a potencialidade do proxecto Monte Vivo para aprender e construir sustentabilidade apoiándose na Aprendizaxe Servizo e os Fondos de Coñecemento, pretende con esta acción interpelar ás e aos estudantes como protagonistas do proceso educativo, e construir así un diálogo sobre os resultados.
Paralelamente, buscouse achegar os procesos da investigación educativa á mocidade, tanto respecto ós seus obxectivos como a súa forma e o tipo de resultados
Sesión de Investigación Participativa sobre o proxecto Monte Vivo no IES Félix Muriel.
23 Xuño 2021Categorías: Novas