Grupo de Innovación Docente PAIDEIA
O GI ESCULCA coordina o Grupo de Innovación PAIDEA, recoñecido pola Universidade de Santiago de Compostela, e desde o que se transfire boa parte da investigación desenvolvida no Grupo de Investigación á formación de profesores/as universitarios/as e a proxectos docentes innovadores.
PAIDEIA está conformado por docentes das Facultades de Ciencias da Educación, Psicoloxía e Formación do Profesorado. Ademais da coordinación de proxectos ao amparo das convocatorias de innovación docente da USC (aprendizaxe-servizo, e MOOC e apoio das TIC á docencia), organízanse cursos de formación para profesorado universitario tanto dentro do Plan de Formación e Innovación Docente coma en formato de Workshops, Xornadas, etc. Tamén se asesora aos/ás docentes para adoptar metodoloxías activas e realízase a avaliación de proxectos de innovación docente.
Convocatoria para a creación de contidos dixitais formativos e de divulgación
Pausas activas nas aulas universitarias
Tipo: I Convocatoria para a creación de contidos dixitais formativos e de divulgación” da USC
Investigador principal: Rodríguez-Fernández, J. F.
Período de execución: 2024-2024 (ver resolución).
Curso de Formación Básica para o deseño de programas socioeducativos baseados no enfoque Fondos de Coñecemento
Tipo: I Convocatoria para a creación de contidos dixitais formativos e de divulgación” da USC
Investigador principal: Míguez-Salina, G.
Período de execución: 2024-2024 (ver resolución).
“SL(M). Curso de formación básica en migración/refuxio e ApS na Universidade”
Tipo: I Convocatoria para a creación de contidos dixitais formativos e de divulgación” da USC
Investigador principal: Lorenzo-Moledo, M. M.
Período de execución: 2024-2024 (ver resolución).
Aprendizaxe Cooperativa na Universidade
Tipo: I Convocatoria para a creación de contidos dixitais formativos e de divulgación” da USC
Investigador principal: Santos Rego, M. A.
Período de execución: 2024-2024 (ver resolución).