Proxectos de innovación educativa en MOOC e de apoio das TIC á docencia

A cultura lúdica e musical a través do xogo tradicional

Profesores: José Eugenio Rodríguez Fernández (Coord.), Raúl Eirín Nemiña, Javier Rico Díaz, Carol Gillanders e José Agustín Candisano Mera

Materia: Música na Educación Primaria (2º curso do Grao en Mestre/a en Educación Primaria), Aprendizaxe e ensinanza da música (Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obligatoria y Bachillerato, Formación Profesional y Enseñanzas de Idiomas), Motricidade infantil (3º curso do Grao en Mestre/a en Educación Infantil) e Didáctica da Educación Física (3º curso do Grao en Mestre/a en Educación Primaria).

Titulación: Grao en Mestre/a en Educación Primaria, Grao en Mestre/a en Educación Infantil e Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obligatoria y Bachillerato, Formación Profesional y Enseñanzas de Idiomas

Curso: 2º curso, 3º curso e Máster

Cursos académicos de desenvolvemento: 2019/2020

Convocatoria: II Convocatoria de proxectos de innovación eductiva en MOOC e de apoio das TIC á docencia. Modalidade B: creación de materiais audiovisuais en formato “pílulas de coñecemento”.

Descrición:

No ámbito da Educación Física escolar, o xogo é o recurso de ensino-aprendizaxe máis importante polo seu carácter motivador. Os xogos tradicionais galegos, as danzas, bailes e cancións propias de Galicia tamén supoñen un elemento importante de transmisión do noso patrimonio artístico e cultural.

No ámbito da Educación Musical, as pezas musicais tradicionais tamén supoñen un importante medio de transmisión cultural, á vez que o alumnado adquire as competencias propias da materia, comprendendo os principios que contribúen á formación cultural, persoal e social dende as artes e a música, ademais de que os estudantes desenvolvan habilidades de aprendizaxe e adquiran recursos para fomentar a participación en actividades musicais dentro e fóra da escola.

Os obxectivos do recurso multimedia proposto son:

  • Coñecer os principais xogos tradicionais propios de Galicia e a súa relación coa música e o movemento, identificando o seu valor como recurso educativo para a Educación infantil e primaria.
  • Exemplificar diferentes modalidades que supoñan unha aprendizaxe autónoma por parte do alumnado.
  • Realizar un tratamento interdisciplinar (Educación Física e Educación Musical) a través do xogo tradicional.

Deste xeito, elaboraranse 3 videos coa seguinte temática:

  • Vídeo 1: Vídeo de introdución ao xogo tradicional, deténdose nas características do movemento e a música. Xogo tradicional propio de Galicia e outros xogos do mundo (multiculturais).
  • Vídeo 2: O xogo tradicional de Galicia. Xogos de nenos, adultos e interxeneracionais.
  • Vídeo 3: Xogo tradicional multicultural. Coñecemento e valoración doutras culturas a través do xogo tradicional.
Aprendizaxe de danzas e bailes tradicionais no ámbito educativo

Profesores: José Eugenio Rodríguez Fernández (Coord.), Raúl Eirín Nemiña, Carol Gillanders, José Agustín Candisano Mera e Laura Tojeiro Pérez

Materias: Música na Educación Primaria (2º curso do Grao en Mestre/a en Educación Primaria), Aprendizaxe e ensinanza da música (Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obligatoria y Bachillerato, Formación Profesional y Enseñanzas de Idiomas), Motricidade Infantil (3º curso do Grao en Mestre/a en Educación Infantil) e Didáctica da Educación Física (3º curso do Grao en Mestre/a en Educación Primaria) 

Titulación: Grao en Mestre/a en Educación Primaria, Grao en Mestre/a en Educación Infantil e Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obligatoria y Bachillerato, Formación Profesional y Enseñanzas de Idiomas

Curso: 2º curso,  3º curso e Máster

Cursos académicos de desenvolvemento:  2018/2019

Convocatoria: I Convocatoria de proxectos de innovación eductiva en MOOC e de apoio das TIC á docencia. Modalidade B: creación de materiais audiovisuais en formato “pílulas de coñecemento”

Descrición:

A aprendizaxe das danzas tradicionais da propia rexión é parte do currículo da educación primaria en Galicia. Con todo, só unha procentaxe minoritaria do alumnado –futuros docentes nesta etapa educativa- tiveron algún tipo de experiencia relacionada con ela. Ademais, os materiais específicos existentes para a súa aprendizaxe son contados e fan falta materiais gratuitos.

Os obxectivos do recurso multimedia proposto foron:

  • Exemplificar os principais puntos básicos da muiñeira de forma que se poidan aprender de maneira individual e autónoma.
  • Explicar a contrución dunha muiñeira e ofrecer exemplos fáciles de bailar.

Finalmente elaboráronse 4 videos:

  • Video 1. Historia da muiñeira, repasando os aspectos básicos desta modalidade e do traxe característico deste baile tradicional galego.
  • Video 2. A muiñeira paso a paso.
  • Video 3. Exemplificación dunha muiñeira polo alumnado das materias implicadas neste proxecto.
  • Video 4. Exemplificación dunha foliada polo alumnado das materias implicadas neste proxecto.

Publicacións derivadas:

4 videos didácticos aloxados en USC TV.

C-ApS-ulas formativas: acción e innovación na universidade

Profesores: Miguel Á. Santos Rego (Coord.), Alexandre Sotelino Losada, José Eugenio Rodríguez Fernández, Ana Vázquez Rodríguez e Jesica Núñez García

Dirixido a: Proxectos de aprendizaxe-servizo (ApS) que se están a desenvolver na USC en materias de diferentes titulacións.

Cursos académicos de desenvolvemento: 2019/2020

Convocatoria: II Convocatoria de proxectos de innovación eductiva en MOOC e de apoio das TIC á docencia. Modalidade B: creación de materiais audiovisuais en formato “pílulas de coñecemento”

Descrición: 

Con este recurso preténdese dar resposta á expansión que a ApS está a experimentar na USC nos últimos cursos académicos, coa finalidade de dotar de rigor pedagóxico aos proxectos que se desenvolven na institución compostelá.

O Plan Estratéxico da USC propón directamente a promoción da ApS do seguinte modo: “utilizar as ferramentas educativas virtuais da USC como elemento de promoción, seguimento e xestión das actividades de aprendizaxe-servizo desenvolvidas entre a Universidade e as entidades do terceiro sector” (p. 64).Así pois, o obxectivo principal do recurso é ofrecer apoio aos docentes que participan en proxectos de ApS, ou ben a aqueles que se queren iniciar nesta metodoloxía. Materialízase nos seguintes obxectivos específicos:

• Transmitir os principios pedagóxicos que definen a aprendizaxe-servizo.• Propoñer un modelo de avaliación das aprendizaxes nos estudantes implicados.• Analizar o papel de cada un dos axentes implicados nun proxecto (profesorado, alumnado e entidades).

Están previstos un total de 3 vídeos en torno ás seguintes temáticas:

1. Introdución á ApS. Aproximación teórica e conceptual a esta metodoloxía na universidade, con indicacións e procedementos de boas prácticas no deseño e implementación de proxectos, atendendo especialmente ás fases polas que debe pasar o proceso.

2. Avaliación (no alumnado, no profesorado e a materia, e na comunidade). Atenderase ao deseño e aplicación de instrumentos de avaliación, prestando especial atención aos que pretenden dar conta das aprendizaxes nos/as estudantes da USC. Analizaranse os criterios de calidade que debe ter un proxecto.

3. Axentes. Estudarase o papel a desempeñar por cada un dos axentes implicados na ApS. Concretamente, as funcións e actividades que desenvolverán os docentes, o alumnado e as entidades colaboradoras en cada unha das diferentes etapas dun proxecto.

Estes vídeos poderán ser utilizados por calquera docente interesado pola ApS. Pero, tamén, é de interese na formación do alumnado e dos socios comunitarios, coa intención de familiarizalos con esta estratexia educativa.

Serán empregados nas actividades formativas que organiza o GI ESCULCA, tanto para profesorado universitario no marco do PFID, como para docentes doutros niveis educativos (formación continua homologada pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional).

Neste senso, pretende ser unha ferramenta que acompañe aos axentes que se interesan por esta metodoloxía e dar pautas para unha correcta implementación baseada en principios de calidade contrastados.

Ver vídeo sobre a temática 1 – Introducción á ApS