Novas do GI Esculca

Un proxecto de ApS achega recursos educativos aos máis pequenos

4 Maio 2020
Categorías: Destacadas | Novas

O profesor do GI ESCULCA Geno Rodríguez coordina, xunto a Javier Rico, o proxecto de aprendizaxe-servizo EXCORAS (Expresión Corporal e Aprendizaxe-Servizo), que se desenvolve no terceiro curso do Grao en Mestre de Educación Infantil. Ante a emerxencia sanitaria creada polo COVID-19, e a consecuente imposibilidade de desenvolver as diferentes actividades nas entidades previstas (a ARC Os Tilos e o Centro Cívico de Laraño), o alumnado participante no proxecto ofrece un servizo de calidade grazas aos soportes virtuais.

Os estudantes implicados están a crear recursos educativos e lúdicos en formato audiovisual destinados aos máis pequenos. Baixo o cancelo #NósXogamosNaCasa, as pezas son subidas a YouTube onde xa contan con centos de subscritores e superaron as 13.000 visualizacións.

Ver nova no Xornal da USC