Xa están dispoñibles os vídeos resultantes do proxecto “Aprendizaxe de danzas e bailes tradicionais no ámbito educativo” enmarcado dentro da “I Convocatoria de Proxectos de Innovación Educativa en MOOC e de Apoio das TIC á Docencia” e no que participan o Prof. Geno Rodríguez Fernández, Raúl Eirín Nemiña, Carol Gillanders, José Agustín Candisano Mera e Laura Tojeiro Pérez.
O obxectivo do proxecto foi ofrecer unha aproximación ao baile tradicional galego e exemplificar os puntos básicos dunha muiñeira.
Pódese acceder aos vídeos mediante o seguinte link: