A profesora María do Carmen Cambeiro Lourido e o profesor David García Romero, membros do GI-ESCULCA participan na organización VII Xornada de Innovación Educativa Rural xunto cos profesores Jesús Rodríguez Rodríguez e Martín Leránoz Iglesias. Este encontro celebrarase no salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación do Campus Vida, na USC, e ten como obxectivo achegar ao alumnado experiencias de innovación educativa que se dan dende a práctica de profesionais da educación e outros axentes educativos. Nesta VII edición teremos o pracer de contar cos responsables do proxecto Erasmus + de escolas Multigrao do CRA de Rianxo, coa confederación de ANPAS Galegas que nos expoñerán a súa proposta dun plan educativo específico para o medio rural, así como coa presentación do libro Cabreiros. 15 anos de dinamización comunitaria e do documental, O empalme: unha historia rural colectiva.
As inscricións están abertas ata 250 prazas.