O 24 de Xuño de 2019 a Facultade de Filosofía acollerá unha nova edición do Workshop de Aprendizaxe-Servizo amparado pola Vicerreitoría de Comunicación, Cultura e Servizos; a Vicerreitoría de Organización Académica, e o Grupo de Investigación Esculca da USC. O obxectivo é divulgar e poñer en valor os diferentes proxectos de ApS que se levan na USC , e tamén favorecer o intercambio de experiencias. Esta actividade está recoñecida con 8 horas de formación no PFID, e a matrícula estará aberta desde o Luns día 10 ata venres 21 de Xuño a través do CETA.
WOKSHOP “Aprendizaxe-Servizo e empregabilidade: Boas prácticas na USC”
18 Xuño 2019Categorías: Novas