O GI ESCULCA organiza o XVI Seminario Nacional Atención Educativa ao Alumnado Inmigrante, que nesta edición centrarase na abordaxe desta realidade dende o emprego das metodoloxías activas e a xestión educativa da diversidade cultural. O Seminario celebrarase en formato presencial na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Sur, USC) os vindeiros 25 e 26 de outubro de 2024.
Ademais, tense solicitado a homologación á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades como actividade de formación permanente do profesorado (12 h).