|
Os grupos cultos CC e CT O 12 de xullo de 2003 a RAG deulle o visto e prace á coñecida como normativa do consenso. Os cambios sempre provocan receo, mais simplemente convén coñecelos. Unha desas mudanzas atingue aos grupos CC e CT. A primeira dúbida é: redúcense sempre os grupos cultos –CC- e -CT-? Nas Normas especifícase que cae a primeira das consoantes só despois das vogais febles (i, u), en palabras como introdución, estrutura, aflición ou delito, e que non debemos caer no erro de facer a redución nos outros casos, cando as vogais precedentes son a, e, o (pactar, correcto, occidente…). Ben, os grupos cultos CC e CT redúcense cando seguen a unha vogal feble. Sempre? No texto normativo explícase que convén manter esa primeira consoante nalgunhas palabras pertencentes a linguaxes especializadas, de escasa presenza na fala ou para evitar homonimias. Dámos así cos cultismos, que se detallan na seguinte listaxe: Adicción, adicto, amicto, anfictión, anfictiona, apodíctico, convicción, convicto, deíctico, dicción, dicterio, dúctil, ductilidade, ducto, edicto, evicción, ficción, ficticio, flictena, fricción, friccionar, ictericia, ectérico, ictiografía, ictioloxía, ictiomancia (e outras formas con ictio-), indicción, invicto, lictor, micción, nictalope, nictalopía, pictografía, pictórico (e outras formas con picto-), ricto, succión, succionar, veredicto e vindicta. Pero para sabermos cando debemos manter os grupos -cc- e -ct- non abonda con pensar en que palabras son máis habituais e cales non; esta regra pode funcionar en moitos casos pero noutros exemplos condúcenos directamente ao erro. E se non, pensemos en ficción flutuación: o sentido común e a lóxica do cotiá levaríannos a empregar a regra de maneira errónea (*fición, *fluctuación). Por outra banda, hai que ter en conta que algúns verbos, coma reflectir, conservan o primeiro elemento do grupo culto (ex. reflicto). Nesta familia léxica hai outra particularidade: o substantivo reflexo pronúnciase [ks]. OUTRAS CADEAS Como é sabido, a denominación grupo culto non queda restrinxida ás secuencias -ct- e -cc-, inclúe outras posibilidades de encontros consonánticos. NOTAS SOBRE A PRONUNCIA Existe nas linguas románicas (as derivadas do latín) unha tendencia no rexistro oral a relaxar a pronuncia dos grupos cultos ou incluso a evitala. O exclusivo carácter oral do galego durante séculos reforzou a inclinación popular á vocalización dalgúns grupos. Así, hai algunhas palabras que, en principio poderían conservar os grupos CC ou CT e, pola contra, vocalizaron a primeira consoante do grupo; son os semicultismos: doutor, doutrina, reitor, seita, suxeitar, etc.. Nesta última versión da normativa faise referencia por primeira vez á cuestión da pronuncia e dise o seguinte: É dicir, e para entendérmonos: en galego non debemos pronunciar "azto" (acto) nin "diajnóstico", coma en castelán, o que sería un castelanismo. ADAPTACIÓN DO TEXTO Os cambios automáticos fan que sexa moi sinxela a aplicación da norma no caso dos grupos cultos, só hai que buscar nos menús de Word en Edición >Substituír e facer os cambios UCC por UC; UCT por UT; ICC por IC e ICT por IT, sempre tendo en conta as excepcións. Polo momento aínda non dispoñemos de correctores ortográficos actualizados, algunhas palabras que hoxe non admite un corrector son as válidas. |