Xornada Universitaria Galega en Xénero

Martes, 08 de abril de 2014

As oficinas/unidade de igualdade das tres universidades galegas organizamos a II Xornada Universitaria Galega en Xénero que terá lugar o vindeiro 12 de xuño no campus de Ferrol da Universidade da Coruña.

A Xornada achégase cada ano aos temas de xénero dende perspectivas distintas cunha visión multidisciplinar.

Este ano dirixe unha ollada crítica ás desigualdades de xénero e as causas menos visibles que as provocan no actual mundo globalizado.

  

Participación

 

Inscrición

Formulario de inscrición na II Xornada Universitaria Galega en Xénero

Prazo: ampliado ata o 4 de xuño

 

A presentación de propostas será a través do envío do formulario de comunicación, segundo a área temática, aos seguintes enderezos electrónicos:

 

Data límite de envío de propostas: 8 de maio de 2014

 

A inscrición será gratuíta para o persoal e alumnado das universidades galegas.

Entregarase diploma acreditativo de asistencia e/ou participación.

 

Actas da I Xornada Universitaria Galega en Xénero