Mércores, 08 de abril de 2015
As oficinas/unidade de igualdade das tres universidades galegas organizamos a III Xornada Universitaria Galega en Xénero. Trazos de xénero no século XXI que terá lugar o vindeiro 5 de xuño na Facultade de Belas Artes (Pontevedra) da Universidade de Vigo.
Este ano achégase, dende unha perspectiva crítica e multidisciplinar, aos retos que se formulan nos estudos de xénero e nos feminismos do século XXI.
Todo o persoal docente e investigador pertencente ao sistema universitario galego.
Hai dúas formas de participación:
– Inscrición
Prazo de inscrición ata o 1 de xuño de 2015
– Presentación de comunicacións
Enviarase a comunicación completa aos seguintes enderezos electrónicos, segundo a área temática:
Debe ser presentada no formato proposto pola organización e non poderá superar as 6 páxinas.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia e/ou participación.
Actas das xornadas anteriores: