A Olimpíada Matemática Feminina Galega é nace como unha competición para as alumnas de bacharelato
e da segunda etapa da ESO de Galicia que ten como obxectivo fundamental estimular a participación das mulleres nas olimpíadas matemáticas e seleccionar a participante Galega na Olimpíada Femenina Española de Matemáticas.
Trátase dunha actividade máis da Olimpíada Matemática Galega organizada na Facultade de Matemáticas da USC pola Asociación Galega de Estudantes de Matemáticas (MaEGa), dentro do seu proxecto Aurias, coa colaboración do Clube Olímpico de Mates, Sementeira.
Pode participar nela calquera alumna de Bacharelato ou da segunda etapa da ESO que
curse os seus estudios nun centro galego; excepcionalmete poderán participar estudantes
da primeira
etapa da ESO que acrediten especiais aptitudes, así como as integrantes do proxecto EsTalMat-Galicia.
Como é habitual nas olimpíadas matemáticas deste nivel, os problemas non requiren uns
coñecementos especiais de matemáticas, senón que buscan a capacidade
de raciocinio e a orixinalidade e creatividade do pensamento.
|