|
Eudora é un cliente de correo electrónico que permite a configuración de múltiples
buzóns.
Configuración nun PC
- Crear unha carpeta distinta para cada novo usuario
- Crear tantos accesos directos de Eudora como novos buzóns.
- Facer un simple click sobre un dos accesos directos
- Presiona-lo botón dereito do rato.
- Seleccionar Propiedades->Acceso Directo
- No campo destino completar, despois da ruta na que se atopa eudora.exe,
a ruta da carpeta creada no punto 1.
- No campo iniciar en escribir de novo a ruta da carpeta creada no punto 1.
- Repetir para cada novo buzón, dende o punto 3.
- Configurar
cada buzón.
Configuración nun Macintosh
- Crear unha carpeta distinta por cada novo buzón.
- Crear- los ficheiros de configuración para cada novo buzón.
- Localizar-lo ficheiro da configuración orixinal
- Abrir-la Carpeta do Sistema
- Abrir- la carpeta de Eudora (Eudora Folder)
- Aparecerá o ficheiro nomeado como Eudora Settings
- Duplicado do ficheiro orixinal de configuración
- Facer un simple click no ficheiro orixinal de configuración (Eudora Setting)
- Seleccionar, na barra de menú, arquivo->duplicar.
- O Ficheiro duplicado será o da configuración de cada novo buzón.
- Repetir- los pasos dende 2.1. para cada novo buzón.
- Mover cada un dos ficheiros de configuración para cada unha das carpetas creadas no
paso 1.
- Para maior facilidade, nomear cada un dos ficheiros de configuración cun nome
para cada buzón.
- Configurar
cada buzón.
|