Voltar

Cursos para non galegofalantes

O 5 de marzo comezan ás 8:00 da mañá na Facultade de Xeografía (Santiago) e na de Administración e Dirección de Empresas (Lugo) os cursos de lingua galega para non galegofalantes que carecen por completo de coñecementos desta lingua.

http://www.usc.es/snl/forma/index.htm.

Premios á calidade lingüística na EPS

Coincidindo cos actos que haberá na EPS co gallo da celebración do Día da Árbore), farase entrega dos premios á calidade lingüística nos traballos académicos conseguidos o pasado curso, así como a presentación da nova edición deste concurso.

http://www.usc.es/snl/dinamiza/calidade1.htm.

Lingua oral, iniciación e perfeccionamento

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca cursos de lingua galega oral, de iniciación e de perfeccionamento, tanto en Galicia como fóra da comunidade autónoma. Poden solicitar a asistencia a eles particulares e colectivos.

http://www.xunta.es/dog/Dog2007.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/7b7b2545a6947f82c125728a0054f270/$FILE/03900D001P008.PDF.



Imprimir