|
O Premio Nacional de Ensaio que outorga o Ministerio de Cultura recaeu, por vez primeira, nunha obra escrita nunha das linguas oficiais do Estado que non é o castelán: o galego. Parabéns ao profesor Beramendi, catedrático desta Universidade.
Na USC séguese recibindo queixas porque intervencións públicas de cargos universitarios ou comunicacións oficiais da USC dirixidas ao propio ámbito universitario semellan ignorar que a lingua en que o deben facer é o galego. |